16.3.09

A hora do PLANETA



WWF organiza para o vindeiro 28 de marzo "a hora do planeta". Trátase dun xesto para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible. Non deixedes de participar xa que as novas sobre as previsións do cambio climático son cada vez máis preocupantes.

Dende aquí queremos animar ao Concello a levar esta iniciativa a todos os cidadáns de Pontedeume e a que o propio Concello se apunte.
Apuntarase?

6.3.09

2.3.09

Resignación democrática

Galiza falou e fíxoo con forza.
Os resultados non son do meu agrado pero son indiscutibles.
Desde iste momento as forzas progresistas deben FACER POLÍTICA; política social, política de igualdade, política para o avance, política sostenible e política de oposición elegante e contundente.
A esquerda debe analizar os erros cometidos (que non son poucos) e reconducir as malas prácticas; e que Zapatero tome nota.
A dereita, a pesar dos erros cometidos, parece que nunca ten castigo.
Noraboa aos afortunados e o meu pesar para case todos os galegos.
Ánimo, que... ¿son só catro anos?