- Non á guerra
- Non á violencia
- Non ao terror
- Sí á condena das matanzas e á PAZ
31.7.06
Por que esta barbarie?
Desde esta modesta tribuna quero lanzar unha mensaxe de Paz. Para que Israel deixe de bombardear inocentes e a ONU ou a Comunidade Internacional tome as medidas oportunas:
28.7.06
Pedra de abalar?


É moi coñecida unha famosa pedra de abalar en Muxía.
Por que non se promocionan as numerosas pedras de abalar do noso Concello?. O reclamo turístico pode ser moi potente.
O que non me explico é por que ese interese en cambialas por outras que, pasados uns días, volven a abalar coma se nada.
Quen pagará os numerosos cambios de pavimentos? (Por respostar axeitadamente a esta pregunta NON hai premio)
Deporte urbano?


Empezo a atoparlle sentido ás trampas urbanas.
Será que queren que fagamos máis deporte e nos poñen salto de obstáculos??
No burato de onte segue sen haber unha valla para non caer e sen embargo a poucos metros hai valla onde, polo menos aparentemente, non é necesaria.
Ponte en forma ...
Trampas urbanas?

Pola tarde abriron un socabrón e nin se preocuparon de poñer un valado ou algún sinal de advertencia por se alguén poidera caer nel. Pola noite seguía igual.
Costa tanto poñer unha estacas e unha cinta arredor?
27.7.06
Solucionado o problema de aparcamento?

???
???
???
???
???
???
???
???
???
???
???
???
Comprádevos un cacharro como o da imaxe e solucionado o problema de aparcamento. ??????? ???? ???? ????
Instalacións deportivas?
O deporte na nosa vila é unha alternativa para os xoves. Gracias ás magníficas instalacións deportivas, os numerosos parques e a faciliadde para acceder a elas, os rapaces e rapazas de Pontedeume practican deporte e actividades que os afastan doutras formas de diversión máis nocivas.Véxase na imaxe unha das máis famosas pistas de futbol do concello.
Para cando parques e pistas deportivas para os nosos rapaces?
Para que serven os contenedores?
Costa moito abrir a tapa e tiralo dentro?O exemplar cidadán que tira así a froita podre é o propietario dunnha tenda célebre por vender bebidas para o botellón a altas horas da noite.
12.7.06
Contenedores?

De que serven os modernos contenedores que puxeron en Pontedeume?
Desde logo non serven para o que estaban destinados.
Non sei se hai que educar aos cidadáns ou cambialos por outros nos que se poidan introducir bultos máis grandes. Nestes é imposible meter caixas ou bolsas grandes.
Para unha cousa valen: a beirarrúa é intransitable.