Hoxe mitin. Unhas pinceladas sen ánimo de crítica, ou, mellor dito, si, si con ánimo de crítica, pero constructiva:
O señor candidato polo BNG á alcaldía do concello de Pontedeume ten todo o dereito a criticar aos outros partidos no seu mitin, ten dereito a vender os seus logros (moitos ou poucos), incluso ten dereito a facer chistes sobre o nome dalgún outro partido. Ten, tamén, dereito a facer ou a que lle fagan publicidade das súas obras e dos seus saberes.
E ten dereito a criticar aos veciños que temos un blog e recomendarnos que non andemos criticando polos bares ou pola rede e que traballemos por Pontedeume?
Sr.
Rey (desculpe se non é con y e é con i?), os veciños que non nos presentamos ás eleccións temos dereito a
cantar nos nosos blogs ou nos "nosos" bares as nosas opinións, as nosas inquedanzas e as nosas críticas. Ten vostede razón en que temos o deber cívico e moral de comportarnos e traballar, dentro das nosas posibilidades, para que a vila mellore; pero un xeito de traballar polo ben dun pobo é OPINANDO. Vostede é o que ten (ao mellor adicándose menos a criticar polos blogs e, case diría que polos mítines -nunca o vin polos bares-) que TRABALLAR POR PONTEDEUME que para iso se presenta
voluntariamente e, se sae elixido, cobrará un bon soldo, parecido ao que actualmente xa cobra.
Recoñecerá que grazas a algúns blogueros eumeses, que lle
tocaron os webs a algúns concelleiros, solucionáronse, ou cando menos non se empeoraron, temas que tiñan moi mala pinta e que ían en vías de desastre. E tamén recoñecerá que o seu cargo público implica que ten que someterse ao veredicto dos seus electores (votáranlle ou non).
Ao mellor os blogueros estabamos fartos de deixar queixas no Concello que ían diretas á papeleira e decidimos facerllas públicas aos nosos veciños, unha transparencia, ista, da que careceu o goberno do que vostede é, ou era, tenente-alcalde. E non dubide que este é un xeito igual de respetable de
traballar polo pobo que queremos e que esperamos, ao igual que vostede, se asemelle a un do século XXI.
Pretende que polo feito de presentarse xa lle debemos agradecemento eterno?
Quere que lle fagamos a ola?