
A verdade é que este veciño que puxo o cartel debe ter a paciencia do Santo Job. Xa non sabe como pedir que non tiren o lixo nesa esquina.
Tan lonxe estará o contenedor?
Arreglarase cunha multa?
Vou ter que volver a insultar aos porcos!

A votación posterior está clara:
Hai quen di que debaran pintar de azul xa que son maioría, pero alguén responde que son máis os que non queren o azul.
Unha voz, que ata agora parecía que se decidía polo amarelo ou polo vermello (xa non recordo despois do lío da reunión), comenta que hai unha cor parecida ao laranxa que pode convencer tanto aos que queren vermello como aos que queren amarelo. Esta proposta gosta aos 11 que non querían azul. Na votación posterior gana o SI a pintar desa cor tipo laranxa.
Finalmente a fachada, guste máis ou menos, foi democráticamente? pintada de laranxa. O cabreo de algún veciño (normalmente cre que ten razón porque é o que máis alza a voz) é monumental e di que hai que cambiar a lei, e que a cousa non quedará así.
Pronto empezaron a aparecer pintadas (curiosamente azuis) de protesta e cabreo.
Será algún veciño "azul"?
Cal vos parece a fórmula máis democrática?