
O pasado sábado o sr. Fraga (don Manuel) recibiu unha cea homenaxe en Cabanas.
O PP local e o do veciño concello agasallaron ao ex-ministro, ex-presidente da Xunta e actual presidente de honor do PP cunha cea que, como non, debeu acabar cunha queimada caseira (a xulgar pola imaxe do marxe).
Nunca unha cea da bisbarra fora tan nomeada, o sr. Fraga fixo unhas declaracións cun tremendo eco estatal: Falou de sucesión no seu partido!!, levantando ampollas en moitos dos altos cargos populares.
Por outra banda o sr. Torrente decide solicitar á Garda Civil máis presenza (medida que aplaudimos) na vila para os temas de tráfico e ocio nocturno. Pola súa banda a edil Ruth García segue a falar de concienciar, sen prohibir, aos mozos (medida que tamén aplaudimos) para non alterar a orde pública e para deixar os lugares de botellón perfectamente limpos.
Pregúntome:
- Preferirá don Manuel a Gallardón ou a Rato?
- Parece que finalmente a solución para concienciar pasa por sancionar ¿non?. Ou os gardas civís teñen agora outros métodos de concienciación?
- Fai o sr. Fraga queimada de garrafón?
- Pagaría esa augardente os seus impostos?
- Está Sardiña en "segundo plano" (da foto)?
