26.10.07

COhErencia?

Xa temos alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva. Creo que unha vila como Pontedeume ben merece que a lo menos o alcalde e algún concelleiro/a teña un soldo dada a responsabilidade do seu cargo. O que xa non estou tan seguro é que unha vila desta índole sexa merecedora de tres dedicacións exclusivas, pero teñen tempo de demostrar que a merecen e quitarnos a razón aos que pensamos que son excesivas.

Por outra parte, merece reflexión o feito de que os que estaban en contra ou polo menos criticaban continuamente estas dedicacións noutra lexislatura, mudaron as súas opinións e foron capaces de conseguir que os nosos tres representantes locais máis importantes sexan quen de levar un soldo para os seus petos.

Que fixo que a concelleira do COE votara a favor?
Por que o concelleiro máis empecinado no NON, se abstivo?
É isto COhErencia?

Será porque os novos asalariados son eumeses e non pontevedreses?

Espero que os votantes desta formación (non se me ocorre outro xeito máis elegante de chamarlle) estean a tomar nota da súa talla política e moral.

PD.: Tamén espero que, a partir deste momento, poñamos todo o empeño para esixir que os tres súen e merezan os seus soldos e non pase como en anos anteriores que (aínda que "só" foron dous) o levaron co mínimo esforzo.

9 comentarios:

  1. Aposto que nun futuro non moi lexano, estes dous concelleiros que estás a mentar voltarán a tomar poder das súas concellalías, podo estar errado, pero ¿alguén quere apostar comigo?.
    Saudos e noraboa por o post, e sobor de todo por o titular.

    ResponderEliminar
  2. Eu aposto a que tes toda a raz�n.
    � Pero alguen se ceeu todo o montaxe que fixeron o Sr. Buyo e a Sra. Ascension, fixadevos ben no nome.
    Espero que sigan sacando a luz aquel panfleto tan bonito, o digo polo color, criticando os Salarios, o chimpin a merda nas ruas etcc.
    Que pena que moitos eumeses confiaran neste oportunista, por chamarlles de algunha maneira.

    ResponderEliminar
  3. Lenmbroche que ainda que señasn tres as dedicacions non superan o gasto da corporación anterior(eso que eran dous).

    ResponderEliminar
  4. Penso que hai unha dobre incoherencia:
    -os que criticaron os soldos e agora votan a favor. aínda que a sua critica era cara aos que cobraban demasiado ben por non facer nada.
    -os que os apoiaron, xustificaron e ata os cobraron e agora non aceptan que os cobren outros aínda que cobren menos.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8:56 a. m.

    Dicía o boletín 21 do COE:
    Recordamos que los sueldos de los dos asalariados políticos de Pontedeume, después de la subida del 1 de Enero del 2007, están como siguen:
    * El alcalde, Belarmino Freire ( PSOE ) 3.178.- euros ( 528.800.- Ptas.) al mes.
    * Manuel Rey ( BNG ), actual concejal de Servicios Sociales 2.706.- euros ( 450.200.- Ptas.) al mes.

    3178x12=38136
    2706x12=32472
    TOTAL=70608
    (recordo que non foron 12 meses, pero é para facer contas)

    Agora (según o publicado na prensa):
    Torrente: 34500
    Crespo: 21000
    Otero: 21000
    TOTAL: 76500

    ResponderEliminar
  6. Anónimo9:10 a. m.

    Os soldos das dedicacións exclusivas deberan ser acordes aos soldos que tiñan os concelleiros na súa vida privada. Con isto non quero dicir que teñan que cobrar o mesmo que cobraban na súa profesión pero si que dentro duns parámetros coherentes (gg) a vida pública e a dedicación ao Concello non supoña nin unha merma importante nin unha suba impresionante respecto ao soldo da vida profesional (sempre cun tope máximo, claro). Descoñezo o que debera cobrar Belarmino pola súa profesión, Rei, máis ou menos, cobraba o que cobraría como profesor.

    Os dous concelleiros de agora (21000 euros/ano) tamén descoñezo o que, aproximadamente, podían cobrar antes. ¿Quen me pode responder?

    ResponderEliminar
  7. Anónimo5:30 p. m.

    Alguen sabe, si as adicacions exclusivas levan aparelladas, para os concelleiros agraciados, a perda dos ingresos asociados a particpación nas diversas comisions e asistencias a plenos?

    ResponderEliminar
  8. Anónimo9:33 a. m.

    A min que se cobre 75000 euros por gobernar un pobo paréceme ata ridículo. Deberían gañar o dobre sempre que o mereceran, ahí está o verdadeiro dilema, ¿farán honor ao soldo?. Porque si o fan, menuda merda que cobran os nosos gobernantes, coma pra non meter ma a caixa.

    ResponderEliminar
  9. Los sueldos de Belarmino y Manuel Rey se multiplican por 14 y suman 82.376 euros, los que tiene dedicación exclusiva no cobran por asistir a plenos y demás.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.