Os nosos fillos e mestres están a padecer as incomodidades dun colexio vello, pequeno, sen algúns servizos indispensables e con moitas carencias; chegando incluso a facer uso de barracóns para os máis pequenos. Estas penurias dábanse por boas se a cambio remataban un novo colexio en distintas fases e que debera estar funcionando, alo menos a primeira fase, para o comezo do vindeiro curso 2007-2008. Creo que o curso empezará ao remate da festa das Peras pero, por desgracia, nas condicións actuais xa que as obras do novo edificio están paralizadas. (Para que logo digan que neste concello non se paralizan obras!)
Cando pensan facelas?
Vai durar moito esta situación de precariedade?
Non pensarán en deixar os barracóns definitivos?
Por certo, falando de barracóns e se alguén os visitou, podería comentarnos que tal están? (Tal e como se está poñendo a vivenda podería ser unha boa alternativa)