28.7.07

Desesperación?

Mirade a imaxe:




A verdade é que este veciño que puxo o cartel debe ter a paciencia do Santo Job. Xa non sabe como pedir que non tiren o lixo nesa esquina.
Tan lonxe estará o contenedor?
Arreglarase cunha multa?
Vou ter que volver a insultar aos porcos!

20.7.07

Fábula?

Nunha comunidade de 24 veciños (Rúa 1313 do mexilón) convocan unha reunión para decidir pintar a fachada. Á reunión acoden 21 veciños (é unha cifra espectacular, xa que normalmente acuden non máis de 15 ou 16).

Nas primeiras conversacións queren decidir a cor na que pintarán. Coma sempre hai discusións, caras raras e algúns guiños de complicidade. As posturas son as seguintes:

  • 6 veciños queren pintar de vermello (o 28,57% dos asistentes)

  • 5 veciños queren a cor amarela (23,81%)

  • 10 veciños queren de azul (47,62%)
    • A votación posterior está clara:


    • Pintamos de azul?: Gana o NON

    • Pintamos de vermello?: Gana o NON

    • Pintamos de amarelo?: Gana o NON

    • Hai quen di que debaran pintar de azul xa que son maioría, pero alguén responde que son máis os que non queren o azul.

      Unha voz, que ata agora parecía que se decidía polo amarelo ou polo vermello (xa non recordo despois do lío da reunión), comenta que hai unha cor parecida ao laranxa que pode convencer tanto aos que queren vermello como aos que queren amarelo. Esta proposta gosta aos 11 que non querían azul. Na votación posterior gana o SI a pintar desa cor tipo laranxa.

      Finalmente a fachada, guste máis ou menos, foi democráticamente? pintada de laranxa. O cabreo de algún veciño (normalmente cre que ten razón porque é o que máis alza a voz) é monumental e di que hai que cambiar a lei, e que a cousa non quedará así.

      Pronto empezaron a aparecer pintadas (curiosamente azuis) de protesta e cabreo.

      Será algún veciño "azul"?

      Cal vos parece a fórmula máis democrática?



      PD: Está claro que todo é mellorable, sobre todo se analizamos algúns pactos postelectorais

      17.7.07

      Dous paxaros dun tiro?

      Eu son un dos 13.000 estafados o pasado sábado na praza do Obradoiro.
      A estafa comezou ás 22:30: Estabamos demasiados para ese recinto, había xente que, dada a súa posición, non vía nin escoitaba.
      Por que a organización vende máis entradas das que debera?
      A organización desastrosa!
      Para colmo, cando as previsións ameazaban choiva, colocan un palco descuberto e comezan o concerto. Non deberan suspender antes?
      Por que non saíron os "artistas" a dar explicacións?
      Por que non devolven os cartos ou repiten o concerto nun espazo axeitado?
      Por que o Correo Galego eliminou os comentarios das novas da edición dixital?
      Afortunadamente a desorganización do sábado está a provocar a organización dos afectados; polo que se eres un deles podes visitar este blogue e tamén asinar aquí .
      O teléfono de Cávea producciones (100% de Corporación Caixa Galicia) é o 981988131 e está en Linares Rivas, 30, 3ª planta (A Coruña).

      10.7.07

      É isto aceptable?


      Estase a falar moito últimamente da recollida de lixo. Que se non funciona, que se hai que privatizar...
      Este blogue está a darlle á nova corporación unha marxe de ¿100? días que din que son obrigatorios. Polo tanto este comentario de hoxe non vai dirixido ao goberno municipal nin ao servizo de limpeza, senón que vai dirixido aos veciños de Pontedeume que, día tras outro, tiran o lixo onde non deben.
      Podo asegurar que os contenedores da imaxe non estaban cheos (hoxe martes 10 ás 14:00 horas).
      Por que se tiran as bolsas fóra?
      A roupa, por que non se leva ao contenedor de recollida de roupa (hai un a 200 m)?
      É isto respeto?
      É isto civismo?
      Podemos protestar?
      Temos o que merecemos?
      PORCOS!

      6.7.07

      Dúas peticións máis para o Concello

      • Plis Plas dende Castrelo: "Agua para Castrelo ya!!!"
      • Lupe dende Pontedeume: "levo xa fora da miña terra 17 anos,é unha vergonza ver como a xente que viveu sempre ahí,ahora ten que ver como se vai destruindo un sitio tan fermoso como ese,que ó respeto,a vergonza,é o poucomiramento por conservar,se perdeu,é unha pena."

      2.7.07

      Íntegro ou Integrismo?


      Seguindo coa teima da Educación para a Cidadanía: Artigo de Eduardo Mendoza en El País que pode aportar algo.