21.5.08

Bar de Jes


Esta entrada é so para dar un pouco de publicidade ben merecida. O Bar de Jes xa ten web. Visítaa

15.5.08

130ª Entrada e..., ¿última?

Me ha disxo mi primo que lo del cambio climático... es una patraña!

Este vídeo é da NASA-GISS e reflexa a temperatura terrestre dende o ano 1884.


Por publicar algo
:-(

8.4.08

Entérrannos?

Determinados días ao ano e a determinadas horas, o tráfico é lento e caótico en Pontedeume. Os grandes "pensadores" que se puxeron a tentar amañar o asunto decidiron que para evitar as retencións, que mellor que unhas rotondas pegadas á ponte que dá nome á nosa vila. O problema é que, aínda que as rotondas poderían aliviar algo (non todo) do caos circulatorio, teriamos que seguir con semáforos para que a xente poidera cruzar da zona de Ricardo Sánchez ao casco vello (ou da zona do paseo marítimo á do porto) co cal o problema das retencións seguiría igual.

Solución: Se os problemas son os peóns, enterrámolos!. Unhas boas fosas para que paseen baixo terra e teñan perigos, humidades e suciedade. (Se para máis dámoslles emocións fortes)

Os coches tranquilamente á luz do día e os transeuntes baixo terra. Quen dí que Pontedeume segue a ser unha vila medieval? É moito anterior, recupera as catacumbas.

O que está claro que non será a mellor solución, pero si é a máis fácil. O que non sei é se é a máis barata: unha saída da autoestrada en Vidrieiro coa peaxe libre entre ela e Cabanas, ¿será moito máis cara que os pasos soterrados? ou ¿hai alguén que deixaría de gañar tanto?.

NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Se estades en contra deles, anímovos a que nos comentarios poñades, cando menos, NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Sincreíble?

10.3.08

Educación para a cidadanía?

6.3.08

Cidadanía en contra da Educación?

Artigo longo e difícil de ler.
Pero... Por favor, comentade algún aspecto que credes que non se debería tocar na escola:

Educación para a cidadanía (2º ESO, alumnado de 13 anos)

Contidos:
Bloque 1. Contidos comúns.

  • Identificación de problemas actuais, a súa conceptualización e reflexión argumentada.
  • Análise comparativa e avaliación crítica de información proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
  • Prácticas de exposición (oral e escrita) das ideas propias ou dos resultados das lecturas e da información obtida a través de diversos medios.
  • Preparación e intervención en debates, sobre aspectos relevantes da realidade social, considerando as posicións e alternativas existentes e desenvolvendo unha actitude de compromiso para a súa mellora.
  • Utilización do diálogo como estratexia para a identificación dos conflitos e a solución dos problemas.
Bloque 2. Relacións interpersoais, convivencia e participación
  • Comprensión e incorporación dos conceptos de amizade, fraternidade, dignidade, sinceridade, agradecemento, cordialidade, diálogo, etc., básicos para a convivencia.
  • Recoñecemento e valoración da convivencia familiar como un sistema de comunicación e cooperación entre xeracións. Posibles disfuncións: análise e busca de solucións compartidas.
  • Recoñecemento e valoración da amizade como un sistema de comunicación e cooperación entre iguais.
  • Valoración e uso do diálogo como instrumento para a prevención e resolución de conflitos nas relación entre iguais e nas relacións interxeracionais.
  • Análise da importancia da sexualidade na vida humana, da necesidade dunha regulación ética das relacións sexuais baseada no respecto e na equidade e prevención de prácticas de risco.
  • Valoración crítica da división social e sexual do traballo e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas.
  • Axuda a compañeiras, compañeiros e, en xeral, a persoas en situación desfavorecida e responsabilización no coidado das persoas dependentes.
  • Participación no centro educativo e en actividades sociais da comunidade como aprendizaxe dos deberes cidadáns. Especial incidencia na mediación e acollida de alumnado inmigrante.
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns.
  • Identificación e exercicio dos deberes e dereitos que teñen como alumnado dun centro.
  • Coñecemento e manexo da Declaración universal dos dereitos humanos, asunción dos deberes e responsabilidades que dela se derivan e valoración do proceso de recoñecemento e proclamación dos dereitos humanos como unha conquista histórica inacabada.
  • Recompilación de información sobre os distintos tipos de documentos que recollen a lexislación internacional sobre os dereitos humanos (declaracións, pactos, convenios...) e sobre os mecanismos de control e protección dos acordos.
  • Recoñecemento da igualdade das persoas en dignidade e dereitos, identificación e condena de situación de violacións dos dereitos humanos e coñecemento dos recursos para denunciar e combater a violación dos dereitos.
  • Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de discriminación de feito das cales aínda son vítimas as mulleres.
Bloque 4. Democracia e cidadanía.
  • Identificación do sistema de dereitos e deberes como base da convivencia política. Valoración do exercicio dunha cidadanía activa, que coñece os seus dereitos e asume as súas responsabilidades. Os sistemas de votación democrática.
  • Identificación das principias institucións e dos conceptos fundamentais que definen un sistema democrático.
  • Identificación e coñecemento dos principios, dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia. Identificación e valoración das diversas formas de participación cidadá: cooperación, asociacionismo e voluntariado.
  • Valoración da política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. Información sobre a estrutura e funcionamento da protección civil e coñecemento do seu papel na prevención e xestión dos desastres naturais e provocados. Os sistemas de votación democrática.
  • Asunción da responsabilidade cidadá: identificación e aprecio dos bens comúns e servizos públicos. Valoración dos impostos como a contribución dos cidadáns aos gastos e investimentos públicos e como instrumento para a distribución da renda e compensación das desigualdades.
  • Reflexión sobre as causas, avaliación das consecuencias dos accidentes de circulación e implicación na súa prevención.
  • Coñecemento dos dereitos e deberes que implica o consumo, planificación de condutas e adquisición de hábitos de consumo racional e responsable compatible coa sustentabilidade.
  • Observación do impacto das actividades individuais e colectivas sobre o ambiente e valoración da responsabilidade polo seu coidado.
Bloque 5. Cidadanía en tempos de globalización.
  • Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia nunha sociedade plural. Identificación dos elementos culturais propios que poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións
  • Identificación de situacións de violación de dereitos e sensibilización fronte ás necesidades de colectivos e grupos desfavorecidos. Planificación de iniciativas encamiñadas á construción duna sociedade máis xusta e solidaria.
  • Identificación dos principais conflitos no mundo actual e sensibilización ante as situación das persoas que sofren directamente as súas consecuencias. Información sobre o papel dos organismos internacionais e as forzas de pacificación na prevención e resolución dos conflitos. Identificación e valoración das acción individuais e colectivas a favor da paz.
  • Análise e valoración da influencia das novas formas de comunicación, información e mobilidade no establecemento de relacións globais entre as persoas de diferentes lugares do mundo e das consecuencias da globalización económica.
  • Sensibilización ante as desigualdades: riqueza e pobreza. Coñecemento de iniciativas encamiñadas á loita contra a pobreza e a axuda ao desenvolvemento.
Vistos estes contidos (extraídos sen engadir nin quitar nada do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia), non credes que poderían obxectar a calquera materia do currículo?

E ti, a que obxectas?
A Matemáticas?
A Bioloxía?
A Historia?
...

25.2.08

SER ou non SER?



Para cadea que non malipula: A COPE

19.2.08

Si, teremos que volver

A resposta foi rápida do Conselleiro de Medio Ambiente: Manifestación de "oportunistas", "politicamente pouco defendible", que a ver "onde estaban cando gobernaba o PP".

Hoxe eu pouco lle vou preguntar ao señor conselleiro, deixo que pregunte e resposte Marcos

Unha única pregunta: A que sería vostede capaz de asinar este manifesto, se estivera na oposición, para obter rédito político?

Pena de políticos... coa ilusión que tiñamos despois de tantos anos escuros, seguimos igual (ou peor porque non vemos alternativas). :-(

17.2.08

Teremos que volver?

Seguramente si teñamos que volver.
É posible que ao bipartito non lle chegue o clamor de hoxe en Compostela para variar o seu equivocado rumbo e facer unha defensa efectiva e real do territorio.
Xentes chegadas de todos os rincón da Galiza, de todas as idades e de todas condicións berraron xuntas: Goberne quen goberne, Galiza Non Se Vende.
Podedes ler en Vieiros e nas edicións dixitais de El Correo Gallego ou La Voz de Galicia reseñas da Mani-Festa-Acción.
BubbleShare: Share photos - eco-friendly toys

12.2.08

Terra VIVA e DIGNA?

10.2.08

Non sería unha festa?

Que mellor aval para o resultado?

Eu tamén irei votar. E ti?