30.10.09

Teñen razón?

Pontedeume. 29 de outubro de 2009. 20:25 (aproximadamente).
Dous concelleiros da oposición, reunidos en pleno (un deles podería ser considerado un tránsfuga?), comentan que desde o seu punto de vista o Plan E é un despilfarro e un malgasto.

A verdade é que en bastantes casos foron cartos empregados para cementar e alicatar rúas perfectamente válidas e que non se usaron para ás posibles necesidades que se debía. Tamén é certo que é un medio de propaganda a base de carteis carísimos que anuncian as obras (en moitos casos os carteis levan unha porcentaxe moi ampla do orzamento da actuación).

Pero, de quen é a responsabilidade do gasto e xestión deses cartos unha vez repartidos aos concellos?
Non é máis honrado renunciar a eles que malgastalos?
Aos alcaldes e concelleiros temos que presuponerlles a honradez ou a irresponsabilidade e o mangoneo?. E aos das empresas constructoras?

Agora veñen outros cartos dunha nova oleada deste plan. Actuarán en consecuencia?

1 comentario:

Eumes dijo...

Dende S.O.S. Pontedeume denuncia! non quero deixar pasar a oportunidade que me brinda poñer este comentario para desexarvos ao administrador ou administradores desta bitácora e a todos os seus seguidores, BO NADAL E UN FELIZ ANO NOVO.