O castelán periga en Galicia?
Que o castelán periga en Galicia e que se impón o galego no ensino foi un dos argumentos máis empregados polo PP e os seus amigos de Galicia Bilingüe (ten coña o nome, en algúns sitios coñécese por Galicia Bífida) na pasada campaña electoral. Pero unha mentira, por moito que se repita, non deixa de ser mentira; aínda que moita xente a crea.
Nada máis lonxe da realidade: o que perigaba (si, en pasado) en Galicia era o noso idioma galego. Escasos son os centros de ensino onde se cumpre o famoso Decreto que o PP vai derogar, escasos outros centros da Administración onde se cumpre a Lei de Normalización, escasos os políticos que falan, medianamente ben e fluído, o galego.
E poño o verbo en pasado porque hoxe non periga o galego, hoxe está ferido de morte por capricho electoral dos nacionalistas españois.
Pregúntome se algún día consultarán a pais e nais se na escola se deberan dar ou non os logaritmos ou a trigonometría en Matemáticas, ou se evitamos que expliquen en Historia o golpe militar do 36 contra un goberno democrático, ou ...
En fin, ... cando será o día que gobernen polo interese xeral, pola cultura e pola educación. Defendan o que é noso. O noso idioma é do pouco do que podemos presumir e compracernos; e a escola é dos poucos sitios onde os rapaces conviven con el.
Galicia bilingüe? Quen me dera! (ou trilingüe...)
Sobre o galego xa se falou algo neste blog e para saber máis este tríptico de "As linguas suman".

1 comentario:
Uns alumnos escribían nun xornal a mesma queixa sobre as ameazas do goberno contra o galego. E preguntábanse se cabía sondear aos nenos a quen querían máis, ao pai ou a nai. Nestas estamos.
Publicar un comentario