26.2.07

Seguridade para todos?

Despois de varios acontecementos desagradables por toda a bisbarra nos últimos tempos, resulta que nos enteramos que a Unión de Guardias Civiles denuncia que hai escaso número de axentes para a vixiancia dado que seis están destinados a vixiar ese chalet a borde de praia que o señor Fraga ten en Perbes (ler máis).


Por que non se paga cada un a súa seguridade privada?

Non lle chega o soldo?

Para cando seguridade igual para todos?

Se se fixera como no Marmolino en Ber, acabaríase con este problema?

23.2.07

Educación?

Esta é unha imaxe habitual neste "apartado" lugar da vila. Sempre hai algunha variada pandilla de rapaces e rapazas consumindo boas racións de lípidos entre outros excelentes alimentos. Non é que esté mal o consumo destas graxas, na súa maioría saturadas, de vez en cando, pero o que non me parece aceptable é como deixan o lugar unha vez rematado o festín. Hai papeleiras moi preto!.
Por se isto non fose bastante algún veciño, vendo o estercoleiro, deposita a bolsa do lixo tamén no "punto limpo".
Hai tamén algúns grafitis decorando os muros. En definitiva, ao lugar (como a outros moitos que podedes aportar) non lle falta detalle.

Por algunha razón que se me escapa?

Para cando educación?

8.2.07

Balance negativo?

Oito meses preguntándome ou preguntándovos cousas.
Fagamos un pouco de balance:

  • O(s) can(s) de Pontedeume seguen sen correas e deixando as súas "necesidades" para que as pisemos todos?
  • Os aparcamentos seguen sen existir entón a xente segue aparcando nas beirarrúas co beneplácito da Policía Local?
  • Seguimos co pobo cheo de pedras de abalar? (estaremos en Muxía?)
  • O carril bici é para calquera menos para os ciclistas?
  • A páxina web oficial do concello segue en construcción?
  • Os xardíns de Lombardero só convencen ao goberno local?
  • Os veciños non paran de facer "regalos" ao mobiliario urbán? (tamén o concello: véxase o "porche" do mercado que leva máis dun mes).
  • Seguimos sen farolas no paseo marítimo e as do resto da vila acenden ás horas máis insospeitadas?
  • Moita xente segue a identificar cemento con progreso?
  • O CEIP Couceiro Freijomil segue parado?
  • Os contenedores e arredores seguen tendo o mesmo aspecto deplorable?
  • ...
Se respostades afirmativamente á maioría destas preguntas, vou rematar cunha pregunta importante:

Estamos a perder o tempo escribindo e lendo esta e outras webs?