8.4.08

Entérrannos?

Determinados días ao ano e a determinadas horas, o tráfico é lento e caótico en Pontedeume. Os grandes "pensadores" que se puxeron a tentar amañar o asunto decidiron que para evitar as retencións, que mellor que unhas rotondas pegadas á ponte que dá nome á nosa vila. O problema é que, aínda que as rotondas poderían aliviar algo (non todo) do caos circulatorio, teriamos que seguir con semáforos para que a xente poidera cruzar da zona de Ricardo Sánchez ao casco vello (ou da zona do paseo marítimo á do porto) co cal o problema das retencións seguiría igual.

Solución: Se os problemas son os peóns, enterrámolos!. Unhas boas fosas para que paseen baixo terra e teñan perigos, humidades e suciedade. (Se para máis dámoslles emocións fortes)

Os coches tranquilamente á luz do día e os transeuntes baixo terra. Quen dí que Pontedeume segue a ser unha vila medieval? É moito anterior, recupera as catacumbas.

O que está claro que non será a mellor solución, pero si é a máis fácil. O que non sei é se é a máis barata: unha saída da autoestrada en Vidrieiro coa peaxe libre entre ela e Cabanas, ¿será moito máis cara que os pasos soterrados? ou ¿hai alguén que deixaría de gañar tanto?.

NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Se estades en contra deles, anímovos a que nos comentarios poñades, cando menos, NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Sincreíble?