A hora do PLANETA
WWF organiza para o vindeiro 28 de marzo "a hora do planeta". Trátase dun xesto para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible. Non deixedes de participar xa que as novas sobre as previsións do cambio climático son cada vez máis preocupantes.
Dende aquí queremos animar ao Concello a levar esta iniciativa a todos os cidadáns de Pontedeume e a que o propio Concello se apunte.
Apuntarase?