9.6.06

O can de Pontedeume?


En Pontedeume temos un can (creo que é raza Boxer) que anda ceibe por todo o pobo como se nada. Máis parece o can de tódolos veciños.

Se, por desgracia, algún día o citado animal provoca algunha ferida a un neno, ou un accidente a un ciclista ou outras moitas circunstancias que se poden dar, lamentaremos non ter tomado as medidas oportunas para que, CUMPRINDO A LEI, o seu dono o leve atado e con bozal.

Tanto costa respetar aos demais e cumprir a lei?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Según teño entendido tódolos cans teñen que ir con correa e bozal. Si ben algúns son máis perigosos que outros, a lei é a mesma para todos.

Recordarlle tamén a tódolos donos de cans, por pequenos que sexan, que se acorden de recolle-los "regalos" que deixan nos xardíns, que logo van os nenos máis pequenos xogar nos mesmos sitios.

Anónimo dijo...

O can máis famoso de pontedeume pode aparecer a calquera hora en calquera rúa. Pero, máis difícil todavía: pode aparecer no descansillo da escaleira da clínica eume!!!!. A min pasoume.
Permiten iso os veciños do inmoble????