13.8.06

Carril bici?

Quixera reclamar un carril bici para bicicletas. Un carril no que se amañen os baches (xa sei que hai estradas peores no concello pero unha cousa non quita outra e espero os vosos comentarios) e no que os peóns non paseen estorbando aos ciclistas e viceversa.

Sería bon poñer paneis informativos para recordar que polo carril bici non poden ir os peóns e polo paseo de peóns non poden ir bicicletas?

Ademais: Para cando unha normativa de que os cans deben ir amarrados?.

Véxase a imaxe dunha cidadana exemplar paseando polo carril bici e co can ceibe.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois porque si no teu pobo estivese todo ben, non terías motivo de colgar esta páxina na rede

Anónimo dijo...

Unha cousa é que no noso pobo esté todo ben (imposible) e outra é que esté case todo mal.
Eu teño a impresión de que o goberno local hai anos que deixou de facer cousas que beneficien á vila

Anónimo dijo...

Non é que teñas a impresión de que este concello non fai nada que beneficie a vila, é evidente que levamos lustros sin goberno neste concello, a incompetencia e o chanchullo campan as suan anchas, o único progreso que se ve nesta vila é para promotores, constructores é quen argalla con eles dentro e fora do concello, co único obxetivo de enriquecerse a costa do benestar e os dereitos dos veciños.É indignante ter un goberno local que só traballe para este pequeno grupo de corvos, non hai que ser moi listo para deducir que por este traballo de permitir e agochar teñen que recibir bos "agasallos".