11.9.06

Puro teatro?

Miro no programa das festas e leo a oferta:

Alborada e foguetes, Mómaros e Cabezudos, Charangas, cucaña, microverbenas e verbenas, fogos (e tamén lumes) de artificio...
Vexo que tamén hai algo de oferta cultural: Bandas (Charamela e outras músicas...) ¡Anda, tamén hai teatro!. Compañía Arjé, unha compañía de rapaces e rapazas acompañados por algún profe do(s) instituto(s) que con moitísimo esforzo van representar unha comedia. ¡Que ben!

Mágoa que cando apareceron os actores na praza da Calzada, a comisión de festas non contaba con eles porque non había nada preparado e a función tivo que suspenderse.

Outro ano será... Se aos rapaces lles quedan ganas, claro.

¡Ah!, pero sempre nos quedará Loliño Jarcía.

Será esto ó que se refiren cando din PURO TEATRO?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Me parece que tés unha berza que non te lambes e que non sabes leer ou tés moi mala leite:

Mira o preograma na páxina:
http://asperaspontedeume.blogspot.com/

E no día 8 onde pón:
21:00 Representación teatral a cargo da Compañía ARJÉ xardíns de Lombardero

Eduardo dijo...

Ola anónimo
Teño algo de berza, pero a todo hai quen gane, e se les a data do post di 11 - 09 - 06, polo que comprenderás que fala das festas do ano pasado e a túa referencia é do preograma deste ano 2007.
Iso tamén e berza?