Saída do cole?
Primeiro día de clase de outubro.
No CEIP Couceiro Freijomil saen por primeira vez, no presente curso, ás 13:45. Hai uns sinais de prohibido aparcar nos que se aclaran as horas desta prohibición para facilitar o estacionamento dos autocares escolares. Hoxe ao chover vaise montar máis atasco do que xa é habitual. Pero como estes días de atrás estaban os policias municipais denunciando aos vehículos mal aparcados, supoño que a xente xa respetará as normas.
A miña sorpresa é que os autobuses teñen todo o seu sitio ocupado por outros coches e os policias municipais non están á hora de saída na porta do colexio. O atasco é impresionante. Quedei anonadado (case como Belarmino co da inxustiza que se está a cometar ca súa colega de Cabanas).
Onde están os municipais?
Será que chove?
Será que se mollan... ...os papeis no que escriben as denuncias?
E os usuarios dos coches mal estacionados; non saben ler os sinais ou é que lles da igual o caos que montan?
E por que, en xeral, teñen sempre algo máis que dicir?
1 comentario:
venres 6 de outubro
Hoxe si estaba un policía local, pero co coche aparcado na zona reservada para os autobuses. Cando se lle indicou ese detalle (eles son os primeiros que deben dar exemplo e os sinais son para todos iguais) non lle gustou demasiado. Dixo que os autobuses ben collían.
Entendendo en todo momento a súa laboura, a cal é desagradable, xa que ten que multar e advertir aos coches que chegan que alí non se pode estacionar; non é disculpa para que a propia policia local incumpla esa norma. Fadendo eso perden (desde o meu punto de vista) a razón que lles asiste.
Publicar un comentario