Definición?
Estase a falar bastante sobre o novo Estatuto. Pero parece que a maior das preocupacións está na definición deste SITIO.
Non seria mellor discutir sobre os atributos deste SITIO: Un SITIO con uns servizos públicos de primeira división: Educación, sanidade, infraestructuras, transporte, ... Un SITIO onde se coide a paisaxe, o patrimonio histórico e natural. Un SITIO con traballo e vivenda digna para todos. Un SITIO sen inseguridade cidadá. ETC, ETC (seguro que a lista sería interminable)
Desexable sería que tódolos SITIOS estiveran adornados con esas cualidades. E os nosos gobernantes (locais, autonómicos, estatais, continentais e mundiais) se enfrascaran na tarefa de conseguilas.
Despois poñerémoslle nome:
Nazón?
Nacionalidade histórica?
País?
Realidade nacional?
Comunidade?
Sitio?
...
Cal propós ti?
4 comentarios:
República Socialista Soviética de Galicia
Os nazi-onalistas roubaron en Galiza a fala e a identidade durante moitos anos. Non caiamos no mesmo erro. Os NAZI-ONALISMOS están obsoletos e son de outro século. Viva Galiza e vivan as xentes de Galiza, pero vivan tamén tódalas xentes doutros sitios. A diferenza entre un nazi-onalista español e un galego está unicamente nas súas fronteiras
que profundo, deixasme abraiado gallardón
GALIZA NAZÓN=AUTODETERMINACIÓN, e que viva a xente de outras partes do planeta tamén, para que non me chamen nazi!
Publicar un comentario