Movilizacións?
Os pais dos alumnos do CEIP Couceiro Freijomil estamos sumamente preocupados, non sen razóns, pola seguridade dos nosos fillos. As choivas da semana pasada fixeron inutilizable o edificio de infantil e deixa a dúbida da resistencia do pavillón de primaria visto o desnivel que queda polo derribo da parte de abaixo.
Compre reivindicar das autoridades que fagan tódolos esforzos que estén na súa man (que deberan ser máis que suficientes) para garantir a integridade de toda a comunidade educativa e para, aínda entendendo as incomodidades que poidan causar as medidas urxentes e exepcionais que se tomen, a formación dos nosos fillos non teña atrancos ou teña, co esforzo de todos, os menos posibles.
Para estas reivindicacións é posible que haxa que tomar decisións de movilizacións para presionar aos responsables. Nembargantes, non sería mellor ir paso a paso e non empezar xa drasticamente?.
Seremos capaces de reclamar educadamente unha boa educación pública para os nenos e nenas do Couceiro?
Seremos capaces de ensinar civismo e valores democráticos aos nosos fillos?
Seremos capaces de inculcar nos nosos fillos o respeto a distintas ideas e modos de pensar?
Posible proposta: Non enviar os nenos ao centro ata que un informe técnico detallado indique que as instalacións do Couceiro son seguras e as de Andrade son axeitadas para o cometido que lles avecina. Ademais Xunta e Concello deben comprometerse á busca inmediata dunha mellor ubicación para o alumnado de infantil e, se fose o caso, do de Primaria.
Mentras esto non se cumpra, os nosos nenos non irían a clase e os pais nos manifestaríamos regular e pacificamente pasando por distintas etapas: Primeiro ante o centro, despois ante o Concello, despois ante a Delegación, etc. Por suposto os medios de comunicación deberan cubrir detalladamente estas actuacións.
Ninguén máis ten culpa e non debe pagar por elo (cortes de tráfico ou outros altercados públicos creo que sobran)
Animádevos a plantexar as vosas propostas nos comentarios
5 comentarios:
É unha autentica temeridade a situción actual do colexio Couceiro Freixomil, tal e como se podia ver o outro dia nas noticias parte dun dos muros de contención derribouse, polo tanto e envidente o mal estado desta infraestructura de contención, se a eso sumamos a cantidade de auga que esta caendo, non seria descabelado un novo derrumbe no colexio, que poderia provocar doadamente o colapso de parte do edificio ainda ocupado polos alumnos.
A situación a que levou este goberno local a esta vila é extrema e urxe tomar medidas inmediatas, a neglixencia, incapacidade, ignoracia, prevaricación, e desidia son tan enormes que en calqueira momento van rematar por xerar una desgracia persoal nesta vila.
Estou totalmente de acordo coas decisións tomadas. Pero necesitamos que a directiva da asociación de pais se implique na mesma medida que o fixemos os que estivemos na concentración desta mañá. Esperemos tamén o respaldo dos nosos representantes no consello escolar.
Gustaríame que esta movilización non fora abandoada xusto cando se está a comenzar.Hoxe só asistiron ás clases uns setenta nenos entre primaria e infantil.
De boa tinta:Na consellaría están estudando demoler todo o colexio e facer un novo. Creo que deberíase ir neste camiño, exixir á consellaría esta solución como única razonábel.
O problema de todo isto é a ignorancia supina do goberno local, non hai idea algunha de que van as cousas, o unico que fan é protexer aos delincuentes.
Para renovar o colexio habia que ter feito un plan de intervencions onde se estudise como actuar mentras se facia a nova obra, haberia que facer unhas instalacions provisionais tipo barracons prefabricados (alquilados) que poderian instalarse no campo de futbol da escola de hosteleria. A obra tiña que empezar o dia seguinte a rematar as clases é ter un plazo de execucion maximo de 6 a 8 meses. Pero cando non se sabe nada e do demais non se quere saber asi nos vai. O problema é que acaban por poñer en perigro aos rapaces de vila só por ser un fato de bultos.
Eso é o que mais medo me da.Que non se puxeron barreiras na via do tren ata que un tren leouse por diante a unha rapaza.
E aqui vexo que vai polo mesmo camiño, ate que non pase algo malo non farán nada de verdade como dios manda.
Publicar un comentario