Ilusións?
Queridos reis magos de oriente (ou de occidente, da igual. O importante é o de MAGOS, MOI MAGOS):
Este ano non quero garabata nin colonia.
A cambio gostaríame que repartirades algo moito máis importante na vila onde vivo: Pontedeume. (Seguro que a coñecedes, é un lugar onde sería ideal vivir se os gobernantes e os veciños tiveran máis vontade de facer as cousas ben)
É por iso que vos pido: BOA VONTADE xeralizada.
Boa vontade para o goberno municipal, tanto para o saínte coma para o entrante (en maio hai eleccións). Boa vontade de querer e facer ben as cousas: en medioambiente, en urbanismo, en cultura, en servizos, etc.
Boa vontade para os veciños. Para que coidemos o mobiliario urbán, para que empreguemos ben os servizos, para respetar as normas (para isto os gobernantes deberan publicitalas correctamente) e aos conveciños, para que teñamos interese en mellorar tódalas facetas da vida pública, etc.
Se a petición vos parece moi ambigua, póñovos a continuación uns aspectos máis concretos a mellorar por parte de todos:
- A limpeza e a recollida selectiva do lixo
- A reposición dalgúns fermosos paraxes estropeados con construccións ilegais
- O coidado do casco vello
- O cumplimento da lei igual para todos
- A equiparación de tódolos veciños sen distinción de raza, sexo, amizades, procedenza, etc
- Unhas instalacións educativas dignas
- Saneamento da ría acorde ás tarifas cobradas
- Servizos de auga adaptados ás necesidades (e a unha zona húmida)
- Instalacións deportivas de uso público e carril bici xeralizado
- Aparcamento suficiente
- Alumeado público cando é necesario
- Pavimenteción das rúas e estradas do século XXI
- Actividades culturais de calidade para todos
ETC, ETC, ETC (seguro que quedan cousas importantes que os comentaristas deste blog vos recordarán).
Sen máis, despídome recordándovos, maxestades, que a incredulidade xeralizada estase a instalar nalgúns veciños e se facedes caso a esta carta seguro que recuperamos a ilusión perdida por algúns. Aínda que eu non o mereza, seguro que os bos veciños (que os hai) son merecedores dun Pontedeume máis digno.
Un saúdo
3 comentarios:
Que a desconfianza nas institucións, comprensíbel, non che faga caer nas crenzas das relixións.
Pontedeume vai seguir así a menos que os eumeses coma ti se organicen e exixan.
en eso ten toda a razon do mundo.
Os gobernantes non se moven, ou fan o que lles sae do carallo simplemente porque os que se queixan desas ilegalidades son 4 gatos.
O amor por esta vila ten que nacer de cada un de nos.
anónimo veño sendo eu.Pixelin.
Publicar un comentario