Almacéns, de que?
Na imaxe, unha máis das bastantes meteduras de pata dun (des?)goberno municipal.
Estes almacéns amañados con cartos públicos cando non eran de titularidade municipal, agora vense relegados ao abandono e, xa desde hai tempo, dan unha impresión deplorable do noso pobo. Evidentemente a culpa de que o tellado e os arredores estén como están non debe ser só do concello.
Sabedes vos de quen máis é?
Non pode o concello obrigar a limpalos?
Non pode vixiar e mirar por eles tendo en conta, ademais, que investíu na súa recuperación?
Non pode destinar unha partida para, se é necesario, compralos e darlles un bo uso público antes que precisen outra millonada para a súa rehabilitación?

1 comentario:
Son moi boas preguntas se se fixeran nun povo normal. Pero claro, isto é Pontedeume.
Dende o primeiro ata o último dos políticos do concello, así coma os da oposición, son o paradigma do que non debe ser xamáis un político. Esperemos que veña sangue novo nas próximas eleccións porque por moi mal que o fagan nunca será peor que como xa estamos.
Publicar un comentario