27.4.07

Hai que dicir que chove?

Xa se denunciou, desde moitas páxinas, que o asunto da recalificacións dos terreos de Andrade (que non de Einsa) cheiraba moi mal. Fíxose ás costas dos veciños e a costa dos veciños. Dende tódolos medios se denunciaba que ocultaban información. Agora recoñecen que faltaban datos. Resulta que din que o fixeron porque, basicamente, non sabían o que facían.

O noso rexidor e o seu concelleiro de urbanismo din agora, despois de máis de dous meses, que estaban mal informados.

Non é obriga del informarse antes de votar algo?

Non será que mentiron ou, polo menos, ocultaron a realidade?

Din os da oposición que é unha pena rematar así unha lexislatura, pero realmente unha pena foi toda a lexislatura, por non falar das anteriores.

O BNG, despois de falar cos propietarios implicados, aínda sacaba peito e dicía: "...foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno..." (a isto chámase botar balóns fóra ou tamén repartir a merda). "...Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal..." (Pero solo dos veciños?). "Creo que non entendedes que, desde hai varios anos atrás, é o propio Concello de Pontedeume o que lle está demandando a EINSA que regularice e que normalice a súa situación. O que se propuxo no Plan Xeral vai encamiñado a isto. Acaso non é a mellor maneira -sen entrarmos en como a autorizaron inicialmente- de que se asente e consolide como industria? " (Esta é a mellor maneira?).

Mexan por nos e hai que dicir que chove?

Como era que dicia o da tele?: Sr. Freire, sr. Regueiro, sr. Rei, srs. concelleiros VAIANSE XA!

22.4.07

13.4.07

9.4.07

Feudalismo?

Estou anonadado (¿quen era que dicía iso?)

Algúns veciños de Pontedeume entéranse pola prensa (¿quen era que dicía iso?) de que acaban de recalificar algunhas das súas fincas e INCLUSO VIVENDAS por un interese particular e privado. Unha empresa da vila quere ampliar (ou será diversificar?) o seu negocio a costa dalgúns veciños e a corporación municipal apoia iso por UNANIMIDADE sen consultar nin informar previamente aos interesados. Espectacular!!

No plano que tedes enriba vese o terreo a recalificar como "terciario-industrial". Deses terreos, na parte azul EINSA (a empresa que pretende a recalificación) é propietaria da maior parte pero non de todo. Da parte verde (que será adicada a zona verde) é propietaria dunha pequena parte. Da parte vermella e alaranxada non é propietaria e será adicada a docencia? e transformación? respectivamente. Espectacular!!

Non vos soa isto moi raro?

Non parece que seguimos gobernados por señores feudais propios da idade media?

Quen defende os intereses dos votantes?

Co cabreo que hai na vila por iste e outros moitos temas, a partires de agora vai haber máis Botantes e menos Votantes.