Hai que dicir que chove?
Xa se denunciou, desde moitas páxinas, que o asunto da recalificacións dos terreos de Andrade (que non de Einsa) cheiraba moi mal. Fíxose ás costas dos veciños e a costa dos veciños. Dende tódolos medios se denunciaba que ocultaban información. Agora recoñecen que faltaban datos. Resulta que din que o fixeron porque, basicamente, non sabían o que facían.
O noso rexidor e o seu concelleiro de urbanismo din agora, despois de máis de dous meses, que estaban mal informados.
Non é obriga del informarse antes de votar algo?
Non será que mentiron ou, polo menos, ocultaron a realidade?
Din os da oposición que é unha pena rematar así unha lexislatura, pero realmente unha pena foi toda a lexislatura, por non falar das anteriores.
O BNG, despois de falar cos propietarios implicados, aínda sacaba peito e dicía: "...foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno..." (a isto chámase botar balóns fóra ou tamén repartir a merda). "...Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal..." (Pero solo dos veciños?). "Creo que non entendedes que, desde hai varios anos atrás, é o propio Concello de Pontedeume o que lle está demandando a EINSA que regularice e que normalice a súa situación. O que se propuxo no Plan Xeral vai encamiñado a isto. Acaso non é a mellor maneira -sen entrarmos en como a autorizaron inicialmente- de que se asente e consolide como industria? " (Esta é a mellor maneira?).
Mexan por nos e hai que dicir que chove?
Como era que dicia o da tele?: Sr. Freire, sr. Regueiro, sr. Rei, srs. concelleiros VAIANSE XA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario