30.6.07

O galego é cultura?


O artigo 3 da Constitución establece, no seu punto 1, que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no punto 2, que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, define o galego como lingua propia de Galicia, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo, establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.


A que ven todo isto?

Será que algunha nova concelleira quere marxinar o emprego do galego na vida pública, cultural e informativa, eumesa?

29.6.07

Educación para a cidadanía?

Xa hai varias semanas que veño a darlle voltas á actitude dos obispos e a súa "clá" sobre a nova materia que a LOE inclúe no currículo de Primaria e Secundaria Obrigatoria.
Leería a Conferencia Episcopal o borrador do currículo?
Pode a igrexa acusar de manipulación e querer impoñer unha doctrina?
Que pasaría se obxetaran cara ás Matemáticas que demostran que a terra xira en torno ao Sol?
Ou cara á Historia que fala da Ditadura de Franco?
Grazas Nacho polo vídeo do Gran Wyoming (creo que se escribe así ou algo parecido)

28.6.07

Son todos iguais?

A parte de estar máis ou menos de acordo coa actuación do goberno, buscade as diferenzas sobre as distintas actuacións de cando uns estaban na oposición e os que agora están:

“Es conocida mi posición sobre el conflicto de Irak, pero es un día de luto, dolor, cercanía y solidaridad con las familias y las personas que están cumpliendo con su deber al servicio de nuestro país”

José Luis Rodríguez Zapatero, novembro de 2003, tras o asesinato de sete axentes do CNI en Irak.

——————

“Esto es una vergüenza. Usted decidió que hubiera soldados en el Líbano. Yo le apoyé y le pedí seguridad. Han muerto seis soldados y no llevaban inhibidores. Es una vergüenza. Entre sus responsabilidades está garantizar la seguridad de los soldados”

Mariano Rajoy, onte no Congreso.

Son todos os políticos iguais?

(Extraído de Escolar.net)

27.6.07

Novo blog

Na (como acuñou un bo amigo) eumesfera apareceu un novo (ou non tan novo) blog que se adica a denunciar situacións "raras" da vila.
Ben merece moitas visitas e o ánimo para que continúe.
Parabéns!!
SOS Pontedeume ¡denuncia!

15.6.07

Cómico?


Entrevista a Belarmino en La Voz de Galicia:


  • Se podía haber hecho más (iso seguro, menos imposible)

  • Sobre o PXOM: es una espinita (non será unha coroa de grandes espiñas?)

  • Pontedeume no es Nueva York (se segues ti outros poucos anos, seguro que a rañaceos case que lle empatamos)

  • Si no saben, que se fíen de los funcionarios (Valiente información)

  • Pena de no haber hecho más cosas (Se parecías encantado de non facer nada)

  • No soy hombre de homenajes (Pero, ao mellor, si eres de despedidas: Adioooooooooosss)

Hai outras cousas sobre as que se poden facer máis valoracións, pero deixollo a o seu partido e ao seu sucesor.

Meteríase a cómico?

14.6.07

Praza do pan patapam?

A veciña Eva mandoume un correo alertándome da existenza deste bordillo da praza do Pan, onde xa se produceron varias caídas, algunha delas con consecuencias de fractura. Coméntanos, ademais con evidente razón, que esta praza cando chove é unha pista de patinaxe. Non sabiamos desta instalación lúdico-deportiva: patinaxe e caída libre, todo un luxo. E despois din que na vila non hai onde facer deporte.
Tomará nota a nova corporación municipal?
Grazas a Eva pola aportación e MOITO COIDADO aos viandantes.

7.6.07

Máis peticións?

  • Víctor dende Boebre: Que Pontedeume volte a ser a vila agradábel que sempre foi. Somos moitos os que volvemos tódolos anos a éla (dende moi lonxe as veces) procurando o seu efecto benefactor. Unha verdadeira pena que lle pase o que, por exemplo, a Arxentina, un fermoso reducto do mundo gobernado por unha pila de incompetentes (todos eles). Unha lástima
  • Richi dende Pontedeume: Restauración do casco histórico: casas en ruínas, poñer tódalas rúas cunha misma pavimentación, limpa-las pintadas (que hai poucas), e algún etece máis.

Cando saibamos quen nos gobernará?, mandarémosllas.

Podedes seguir aportando nos comentarios. Grazas

6.6.07

Só pedides isto?

De momento hai tres peticións para o novo goberno:

  • Kropotkin dende A Vila: Que asistan a clases de formación cívica, política, social, económica e humanista. A cultura é un ben escaso.
  • Xurxo dende Andrade: Pido oposicións libres para o posto do CHIMPIN.
  • Outro dende Pontedeume: Que informen da existenza do punto limpo. Que sancionen aos que tiran o lixo onde non se debe e cando non se debe. Que sancionen aos que andan cos cans soltos.

Animádevos a pedir que é gratis

1.6.07

Pregúntovos?

Que lle pides á nova corporación municipal?
Aproveita para facer a túa petición
Serán publicados os comentarios que, unha vez revisados, cumpran as normas de educación, respecto e civismo máis elementais. Na publicación aparecerá o nome (vale o alcume) do peticionario.
Grazas