26.11.07

Como trocaron?

(E non o digo polas melenas)
Neste vídeo podedes comprobar que, actualmente, o PP e os medios do seu entorno (que non son poucos) empregan o terrorismo única e exclusivamente como moeda electoral.
Mirade o que dicían antes:



Ahhh. Como hemos cambiadooooo, que lejos ha quedadoooo aquella amistaaadddd..

O 9 de marzo: A votaaaar!

18.11.07

Por fin?

Hoxe estou tentando actualizar algo neste blogue.
Xa é a terceira entrada que empezo e non quedei convencido con ningunha das dúas anteriores. Din que á terceira vai a vencida, a ver se é verdade.
Na primeira empecei a escribir sobre a situación da vila: lixo, botellón, casco vello ...Pero que fago, se a eumesfera está atestada de bitácoras que tocan estes temas e mesmo neste blogue xa se tocaron e non se solucionou nada ou case nada.
Na segunda, rato despois, empecei escribindo da memoria histórica dos meus e a memoria histérica dos outros. Pero o feito de pensar nos que se reuniron no Valle de los Caídos revolveume o estómago e tiven que deixalo. Outro texto á ciberbasura.
Nesta última intentona quería facer un chamamento á educación, ao respecto, ao civismo. Un chamamento á política honrada e social. Un chamamento á política pura de esquerdas. Á política natural (din que a natureza é claramente de esquerdas)...

Nada, que non me sale.

Ben, aínda que non é a mellor entrada do mundo, vouna deixar. Hai que actualizar e, a estas alturas, case a calquera prezo. A competencia das bitácoras veciñas fai necesario publicar. Se non publico non sei se poderei durmir.
Ata creo que é a peor das tres. Esta tamén debera ir á ciberbasura.

Cada vez teño máis preguiza para escribir neste blogue! Estou perdendo a esperanza dun pobo modélico, dunha sociedade modélica... (Vaia baixonazo, vou polo Prozac)
Veña, publico, non o penso máis. POR FIN...
...mañá abre Jes. ;-)

4.11.07

Non vos parece...

IMPRESIONANTE?!!!!

3.11.07

QUÉ É ISO DO HALLOWEEN? HAI ALGUÉN QUE O ENTENDA?

Despois duns días de duro traballo social hoxe leín o correo electrónico e unha veciña, e sen embargo amiga, mandoume este texto que quere compartir con todos:

Non se nos estará saíndo das mans tanta globalización?
Explícome:
Onte non estiven na casa ata media tarde. Ao chegar oín na escaleira como uns nenos pedían para o Halloween. Tardaron un par de horas en pedir na miña porta (non sei se eses nenos ou outros). Iban disfrazádos de pantasmas e ó abrirlles a porta déronme a elixir entre truco ou trato, pedinlles que mo explicásen e como non sabían dixéronme que mellor lles dese diñeiro ou me gastaban unha broma. Como eran catro e pequenos deilles 1Euro (sería moi cutre do meu parte?, penso agora) e fóronse.
Hoxe pola mañá apareceu a terraza da miña casa (vivo nun terceiro piso) chea de ovos rotos que tiraran a partir da rúa. Non podedes imaxinar como está todo. Tiven que apartar todas a plantas e limpar afondo a terraza, as fiestras e incluso algunhas plantas.
En medio do meu enfado lembrei unha conversa que tiven cuns nenos na que recoñecían tirar ovos ás casas se cando iban a pedir en Halloween non lles daban nada ou non era o que eles creían suficiente.
E eu penso, Que carallo de culpa teño eu en todo isto?
Por que me teño que pasar media mañá limpando a miña terraza?
E ao final e o máis desesperante: Saberán os pais onde están os seus fillos e o que fixeron? Xustificarano, incluso?
Qué entenderán ese nenos do do que é o Halloween?
Bo, xántome a miña rabia e sigo limpando.

Grazas por escoitarme. Por certo, eu me quedo co Samaín