3.11.07

QUÉ É ISO DO HALLOWEEN? HAI ALGUÉN QUE O ENTENDA?

Despois duns días de duro traballo social hoxe leín o correo electrónico e unha veciña, e sen embargo amiga, mandoume este texto que quere compartir con todos:

Non se nos estará saíndo das mans tanta globalización?
Explícome:
Onte non estiven na casa ata media tarde. Ao chegar oín na escaleira como uns nenos pedían para o Halloween. Tardaron un par de horas en pedir na miña porta (non sei se eses nenos ou outros). Iban disfrazádos de pantasmas e ó abrirlles a porta déronme a elixir entre truco ou trato, pedinlles que mo explicásen e como non sabían dixéronme que mellor lles dese diñeiro ou me gastaban unha broma. Como eran catro e pequenos deilles 1Euro (sería moi cutre do meu parte?, penso agora) e fóronse.
Hoxe pola mañá apareceu a terraza da miña casa (vivo nun terceiro piso) chea de ovos rotos que tiraran a partir da rúa. Non podedes imaxinar como está todo. Tiven que apartar todas a plantas e limpar afondo a terraza, as fiestras e incluso algunhas plantas.
En medio do meu enfado lembrei unha conversa que tiven cuns nenos na que recoñecían tirar ovos ás casas se cando iban a pedir en Halloween non lles daban nada ou non era o que eles creían suficiente.
E eu penso, Que carallo de culpa teño eu en todo isto?
Por que me teño que pasar media mañá limpando a miña terraza?
E ao final e o máis desesperante: Saberán os pais onde están os seus fillos e o que fixeron? Xustificarano, incluso?
Qué entenderán ese nenos do do que é o Halloween?
Bo, xántome a miña rabia e sigo limpando.

Grazas por escoitarme. Por certo, eu me quedo co Samaín

5 comentarios:

Anónimo dijo...

a culpa non é dos nenos, é dos alienados culturais dos pais.

Richi dijo...

A min tamé me pediron, pero pra o Samaín, non pra Hallowen... E tampouco o entendín, así que non lles din nada. Para iso están os pais, ¿non?

Entendería que viñeran a pedirme pra os pobres, pra o terceiro mundo,... pero, ¿pra o Samaín?

¿Queixámonos dos rapaces que hoxe en día fan o botellón?... ¡Os que nos veñen detrás!

Anónimo dijo...

Bueno; pues habrá que ir enterándose de cuando se celebra el día de acción de gracias para comer el famoso pavo con salsa de arándanos. QUE CHUPI!!

Anónimo dijo...

la culpa es de los padres que las visten como brujas

Anónimo dijo...

eu digo que para nos nunca foi halloween si non samain eu penso que eso de halloween é dos americanos