17.2.08

Teremos que volver?

Seguramente si teñamos que volver.
É posible que ao bipartito non lle chegue o clamor de hoxe en Compostela para variar o seu equivocado rumbo e facer unha defensa efectiva e real do territorio.
Xentes chegadas de todos os rincón da Galiza, de todas as idades e de todas condicións berraron xuntas: Goberne quen goberne, Galiza Non Se Vende.
Podedes ler en Vieiros e nas edicións dixitais de El Correo Gallego ou La Voz de Galicia reseñas da Mani-Festa-Acción.
BubbleShare: Share photos - eco-friendly toys

2 comentarios:

Eumes dijo...

Por desgraza e goberne quen goberne haberá máis mani-festa-accións como a tí ben titulaches.
Pero o que máis me molesta é a manipulación por parte da prensa coa noticia, manipulación que vai desde o baile de cifras de asistentes, pois desde os 10.000 cifrados por Vieiros pasando polos 8.000 da Opinión ou os 7.000 de Galicia-Hoxe, ata os 6.000 cifrados pola policía, polo que me porei en contacto co meu profesor de matemáticas para dicirlle que me enganou cando me dixo que as matemáticas era unha ciencia exacta.
Pero doutra banda vexo asombroso que esta noticia tan importante non saia na portada de varios rotativos, como pode ser La Voz de Galicia, ou é que en realidade non "é a voz de tódolos galegos".
Unha aperta e magnífica reportaxe tanto escrita como gráfica.

Eumes dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.