30.10.09

Teñen razón?

Pontedeume. 29 de outubro de 2009. 20:25 (aproximadamente).
Dous concelleiros da oposición, reunidos en pleno (un deles podería ser considerado un tránsfuga?), comentan que desde o seu punto de vista o Plan E é un despilfarro e un malgasto.

A verdade é que en bastantes casos foron cartos empregados para cementar e alicatar rúas perfectamente válidas e que non se usaron para ás posibles necesidades que se debía. Tamén é certo que é un medio de propaganda a base de carteis carísimos que anuncian as obras (en moitos casos os carteis levan unha porcentaxe moi ampla do orzamento da actuación).

Pero, de quen é a responsabilidade do gasto e xestión deses cartos unha vez repartidos aos concellos?
Non é máis honrado renunciar a eles que malgastalos?
Aos alcaldes e concelleiros temos que presuponerlles a honradez ou a irresponsabilidade e o mangoneo?. E aos das empresas constructoras?

Agora veñen outros cartos dunha nova oleada deste plan. Actuarán en consecuencia?

26.10.09

TV parcial?

É parcial este "moderador"?




Hai un grupo en Facebook que pide o seu cese.

21.10.09

Día do orgullo?

Os analistas opinan que (por fin) case que gañou o debate.
20 X: Día do orgullo? (...de Rajoy)
(foto EFE)

16.10.09

Si señor

Hoxe no xornal La Voz de Galicia, na edición impresa, (non o atopei na dixital) saía unha nota de prensa onde o COE solicitaba que se poidese aparcar na Alameda.
Nunca fun partidario dese uso, pero case que, despois de máis dunha semana nese estado, eu agora tamén apoio a petición.


Tan siquera que se use para deportes alternativos ou turismo de aventura.
Ou será unha forma de evitar o botellón?

7.10.09

Mafia

Sicilia, Nápoles, Génova.
É todo en Italia?
Ou tamén é Cosa Nostra?