3.8.06

Cando se ilumina a nosa vila?


En pleno ano 2006 non entendo de que xeito se acende o alumeado público das rúas da nosa vila.

A unha hora determinada???

Todo o mundo sabe que cada día cambia a hora da saída e da posta do sol. É tan complicado poñer un aparatiño que acenda as luces cando falte a luz solar?. Evidentemente é necesario poñer varios aparatos, xa que hai más luz, por exemplo, na parada dos taxis que na cima da rúa real á mesma hora, pero creo que non é un gasto demasiado desproporcionado. Seguramente é máis costosa a pobre impresión do casco dun pobo na penumbra ás 22:30 horas do mes de agosto. Se non fose polos focos dos negocios das rúas sería imposible pasear a partires de pouco despois da posta do sol.

(Perdoade a baixa calidade da imaxe da Alameda pero, como non había luz...)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pode ser que sexa unha medida de aforro enerxético?

Entende así a sostenibilidade os nosos gobernantes municipais?

Anónimo dijo...

Supoño que non ó iluminan porque así, polo menos á noite, temos menos aberracións, ou polo menos non as vemos.

Anónimo dijo...

AMAÑADO!!!
O sábado 12 encenderon o alumbrado toda a mañá a pleno sol.