Breamo do lixo?
(Aportación dun internauta preocupado)
29 de setembro (San Miguel) e 8 de maio: Festas e romerías moi celebradas polos eumeses, que acuden ao monte de Breamo (onde se atopa a ermita románica de S. Miguel); uns para honrar ao santo, outros para honrar ao monte e outros para honrarse a si mesmos. Pero todos para pasalo o mellor posible.
Magoa que algúns non saiban depositar o lixo no seu lugar. Pola falta de civismo de estes poucos o monte queda farto de romeiros e o único que celebra e que acaba a festa e faltan meses para a seguinte avalancha.
É condición necesaria en algunha xente para pasalo ben deixar todo estrado de plásticos e outros desperdicios?
Non se pode reciclar en días de farra?
Se tanto apreciamos esta festa poñamos todo o noso interese en conservala "intacta". Non a estraguemos nin a enguarremos.
1 comentario:
Na ponte da constitucion do 2006 uns amigos de Murcia visitaron Pontedeume. Impresionoume tanta alabanza cara a nosa vila, pero si o pensas a fondo... é lóxico.
PEEEEEERO que cocho esta breamo.
-----------------------------------
Dias mais tarde fun con amigas de ruta por pontedeume (breamo, fragas, a vila...) que bonita vila tedes, é incribel.
PEEEEEERO que cocho esta breamo.
-----------------------------------
E dias mais tarde, outras amigas desas amigas (algunhas repetiron) e fomos de ruta de novo... e a que non sabedes que dixeron a parte de que temos unha vila incribel??:
que cocho esta breamo!!!
Publicar un comentario