Limpeza?
Aseguro que, agás a táboa de planchar, o lixo que vedes na imaxe está ahí desde finais de novembro.
Canto cobra Construeume pola retirada dos restos voluminosos unha vez ao mes?
Que pasou este mes? Non puido pasar a recoller por tódolos sitios?
Sería pola ponte da Constitución?
Seguidamente tedes unha imaxe de como aparece o mesmo sitio despois da inestimable aportación, o sábado pola mañán (polo que permanece ata o domingo noite), do lixo de varios veciños y do almacén dun ultramarinos after hours que hai na Calzada:
Por desgracia esta imaxe se repite tamén nos contenedores subterráneos. Dos que, por certo, presume o concelleiro de turno.
Digo eu que o ex-propietario desa estantería metálica, vendo que o servicio de limpeza non a recolle, podía levala ao punto limpo ou retirala da rúa.
Podería o Concello informar claramente de cando se recollen os voluminosos e do horaio do Punto Limpo?
Podería o Concello educar (ou sancionar) aos que tirar o que non deben onde non poden e cando non deberan?
3 comentarios:
É curioso, pero a táboa d pasar o ferro si parece que le interesou a alguén
Agora no mesmo sitio aparece unha cadeira (tipo a de James Bond) para sentarse a contemplar o lixo)
Un novo concepto de mobiliario urbano
no creo que tengan que sancionar a la persona que tira en este caso la estantería metalica, pero si a la empresa de recogida que bien que cobra por un servicio que malamente presta.
Publicar un comentario