30.6.07

O galego é cultura?


O artigo 3 da Constitución establece, no seu punto 1, que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no punto 2, que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, define o galego como lingua propia de Galicia, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo, establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.


A que ven todo isto?

Será que algunha nova concelleira quere marxinar o emprego do galego na vida pública, cultural e informativa, eumesa?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Amiguiño, porque non pos unha bandeira coa estreliña roxa, no teu blog e de paso as siglas do teu amado partido??

Pero que me estás dicindo que agora non se vai poder falar en castelán na vila, o falo si me sale dos collón e o galego o mesmo, porque como ti ben dís as dúas son linguas oficiais, entendes?

O que non me parece normal e que sigamos o exemplo de Cataluña, que será o próximo, que só se podrá falar nos actos públicos en galego?


Manda carallo...

O Galego e cultura por iso vamos a enseñar a todolos nenos galego para que o día de mañá non poidan sair de Galicia

Anónimo dijo...

Así se fala, que carallo. Só che faltou dicir "¡se sienten, coño!".

Eduardo dijo...

Amiguiño anónimo. Cégache a pasión e estás algo errado. (Deberas repasar toda a traxectoria deste blogue).
Onde di que non se pode falar castelá?
Como ben dis podes falar en calquera das linguas oficiais (que saia de onde che saia) e é deber dos poderes públicos atenderte debidamente, tanto se o fas en castelá como se o fas en galego. O artigo é para evitar que se marxine a unha das linguas (neste caso o galego parece que non gusta a algunha Concellalía)

Nolo dijo...

Na miña humilde opinión...se nos non falamos galego¿virán os 'madrileños'(referíndome a xente de fora)a preservar o noso idioma?
Eu creo que todas as medidas que toma a Xunta para que o galego sexa a lingua dominante na educación están ben, o que non se pode e telo como estaba antes, que casi o ensinaban como lingua extranxeira.

Anónimo dijo...

Creo que a todos nos convén facer uso da lexislación, e canto máis as persoas que ostentan cargos públicos...
(que alguén lle faga chegar unha copia á señora concelleira)

http://www.boe.es/g/es/bases_datos/doc.php?coleccion=iberlex&id=1983/90056