Dous paxaros dun tiro?
Eu son un dos 13.000 estafados o pasado sábado na praza do Obradoiro.
A estafa comezou ás 22:30: Estabamos demasiados para ese recinto, había xente que, dada a súa posición, non vía nin escoitaba.
Por que a organización vende máis entradas das que debera?
A organización desastrosa!
Para colmo, cando as previsións ameazaban choiva, colocan un palco descuberto e comezan o concerto. Non deberan suspender antes?
Por que non saíron os "artistas" a dar explicacións?
Por que non devolven os cartos ou repiten o concerto nun espazo axeitado?
Por que o Correo Galego eliminou os comentarios das novas da edición dixital?
Afortunadamente a desorganización do sábado está a provocar a organización dos afectados; polo que se eres un deles podes visitar este blogue e tamén asinar aquí .
O teléfono de Cávea producciones (100% de Corporación Caixa Galicia) é o 981988131 e está en Linares Rivas, 30, 3ª planta (A Coruña).
3 comentarios:
Sei de sobra que mal de moitos para alguén podería chegar a ser consuelo de tontos, sei de sobra que non é no teu caso, pero a desfeita que están a facer tivo continuación no concerto de Pontevedra como estou a ver nos xornais.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000134485
Unha aperta e a seguir loitando por os nosos dereitos.
Eu tamén me sentín decepcionada pola organización, e pola pouca educación que tiveron os dous artistas.
O dos cartos é o que menos me doe, pois eu era unha das que estaría disposta a pagar o que fose para ver ó meu ídolo.
O que quero (creo que coma a maioría) é que se nos brinde a oportunidade de ver a dous grandes artistas darnos o concerto que nos merecemos despois das disculpas que tamén nos merecemos. Entre todos habémolo conseguir.
Ata pronto!
Vaia chanza crein que ías falar da viaxe conxunta do támden Manoel Rei - Agustín Vilariño ós xulgados de Betanzos,compartindo taxi, vaia par.
Publicar un comentario