20.7.07

Fábula?

Nunha comunidade de 24 veciños (Rúa 1313 do mexilón) convocan unha reunión para decidir pintar a fachada. Á reunión acoden 21 veciños (é unha cifra espectacular, xa que normalmente acuden non máis de 15 ou 16).

Nas primeiras conversacións queren decidir a cor na que pintarán. Coma sempre hai discusións, caras raras e algúns guiños de complicidade. As posturas son as seguintes:

  • 6 veciños queren pintar de vermello (o 28,57% dos asistentes)

  • 5 veciños queren a cor amarela (23,81%)

  • 10 veciños queren de azul (47,62%)
    • A votación posterior está clara:


    • Pintamos de azul?: Gana o NON

    • Pintamos de vermello?: Gana o NON

    • Pintamos de amarelo?: Gana o NON

    • Hai quen di que debaran pintar de azul xa que son maioría, pero alguén responde que son máis os que non queren o azul.

      Unha voz, que ata agora parecía que se decidía polo amarelo ou polo vermello (xa non recordo despois do lío da reunión), comenta que hai unha cor parecida ao laranxa que pode convencer tanto aos que queren vermello como aos que queren amarelo. Esta proposta gosta aos 11 que non querían azul. Na votación posterior gana o SI a pintar desa cor tipo laranxa.

      Finalmente a fachada, guste máis ou menos, foi democráticamente? pintada de laranxa. O cabreo de algún veciño (normalmente cre que ten razón porque é o que máis alza a voz) é monumental e di que hai que cambiar a lei, e que a cousa non quedará así.

      Pronto empezaron a aparecer pintadas (curiosamente azuis) de protesta e cabreo.

      Será algún veciño "azul"?

      Cal vos parece a fórmula máis democrática?



      PD: Está claro que todo é mellorable, sobre todo se analizamos algúns pactos postelectorais

      5 comentarios:

      Anónimo dijo...

      Un exercicio de intelixencia.De lectura obrigatoria para Rajoy, aínda que pode non entendelo. Noraboa.

      Anónimo dijo...

      Ainda che parecera que levas a razón, ¿non?

      Has de decir que este caso é igual o que di Mariano Rajoy, pero vós que nos queredes facer a nós tontos.
      Porque iso é o que parece.

      Si tantos vos gusta compartir ideas, proxectos, programas electorais, coller e presentar un único programa, porque eu si son votante do BNG, voto o seu programa e as suas ideas, non as do PSOE.

      Pero é igual, xuntemonos con quen sea, que eche o mesmo...

      2ª Volta XAA ¡¡

      Anónimo dijo...

      ... Pero o conto non rematou así. A casa non se pintou laranxa, porque acordouse que por cada 6 brochazos vermellos, habianse dar 5 brochazos amarelos... "Ou se pinta así, ou queda outros catro anos sin pintar".
      O resultado é un pouco cantoso (pero a casa está pintadiña).

      Anónimo dijo...

      Cando visito España e vexo os pobos costeiros do sur e levante con casi tódolas casas da mesma cor, digo que bonito e ata idílico resulta, pero cando vou a Pontedeume e vexo unha casa de cada cor, como por exemplo hai un edificio próximo a autoestrada que ten os flancos brancos e o medio de cor rosa, e outro edificio próximo o centro de saude que é un laranxa que chama mais a atención que si tivese laranxas pegadas as suas paredes. Pero imaxino que será normal, pois de feito hai unha casa que ten de nome "a casiña rosa", e me pregunto ¿estará no pobo un arquitecto e artista vasco de cuio nome non me quero acordar?

      Eduardo dijo...

      Anónimo: Eu non teño a razón. Dou a miña visión sen ánimo de convencer a ninguén que teña outra opinión distinta (que, por outra parte, a pluralidade é o desexable en democracia). No meu ánimo non está ser totalitario. Por outra parte a entrada ten unha PD: Está claro que todo é mellorable, sobre todo se analizamos algúns pactos postelectorais .
      Non laranxa: Noraboa polo teu comentario, moi atinado. Aínda que casi prefiro iso que non o RODILLO azul sen que deixen sequera dar un brochazo.
      Grazas polos vosos comentarios