O desastre consumase. As pasadas eleccións castigaron aos partidos que (des?)gobernaron durante as últimas lexislaturas (que ben merecido o tiñan); pero deron a chave do goberno a un círculo de amiguetes que nin sequera sabían facer oposición. Moitos dos que esperabamos este divorcio COE-PP non imaxinabamos que fose tan axiña, pero claro, cando un cuspe ao ceo...
Agora o concello de Pontedeume será gobernado en minoría polo PP apoiado por Fernando (5 de 13) co que é previsible que, se non consigue chegar a pactos puntuais, poucas metas poidan alcanzar. O primeiro revés foi o rechazo á proposta sobre os soldos das dedicacións: É que nos ían saír aínda máis caros.
Escoitei xa varias voces dicindo que a culpa desta situación é dos que non votamos a ningún partido (nulo, branco ou abstención), pero creo que teñen máis culpa os partidos políticos "SERIOS" por non saber traballar para Pontedeume, por "fomentar" a aparición de "Partidillos Politiquillos" de grupetes resentidos e cabreados que, sorprendentemente, sacan varios concelleiros e dividen deste xeito do que somos testemuñas; e por defraudar aos seus votantes que esperaban que racharan co pasado.
Señoras e señores do BNG, PP e PSOE, traballen por Pontedeume e, seguramente, nas vindeiras eleccións varran do mapa ao COE, IP, TG, nulos, brancos, ...
Para o final unha pregunta: Non estará Vilariño arrepentido de non ter feito esas declaracións sobre Belarmino antes do 27-M?
Tivo ocasión de facelo e, se así fose, hoxe ao mellor estaría gobernando, non??