21.8.07

(Des)Goberno?

O desastre consumase. As pasadas eleccións castigaron aos partidos que (des?)gobernaron durante as últimas lexislaturas (que ben merecido o tiñan); pero deron a chave do goberno a un círculo de amiguetes que nin sequera sabían facer oposición. Moitos dos que esperabamos este divorcio COE-PP non imaxinabamos que fose tan axiña, pero claro, cando un cuspe ao ceo...
Agora o concello de Pontedeume será gobernado en minoría polo PP apoiado por Fernando (5 de 13) co que é previsible que, se non consigue chegar a pactos puntuais, poucas metas poidan alcanzar. O primeiro revés foi o rechazo á proposta sobre os soldos das dedicacións: É que nos ían saír aínda máis caros.

Escoitei xa varias voces dicindo que a culpa desta situación é dos que non votamos a ningún partido (nulo, branco ou abstención), pero creo que teñen máis culpa os partidos políticos "SERIOS" por non saber traballar para Pontedeume, por "fomentar" a aparición de "Partidillos Politiquillos" de grupetes resentidos e cabreados que, sorprendentemente, sacan varios concelleiros e dividen deste xeito do que somos testemuñas; e por defraudar aos seus votantes que esperaban que racharan co pasado.
Señoras e señores do BNG, PP e PSOE, traballen por Pontedeume e, seguramente, nas vindeiras eleccións varran do mapa ao COE, IP, TG, nulos, brancos, ...

Para o final unha pregunta: Non estará Vilariño arrepentido de non ter feito esas declaracións sobre Belarmino antes do 27-M?
Tivo ocasión de facelo e, se así fose, hoxe ao mellor estaría gobernando, non??

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Agustín hace mucho tiempo que debería de tener hechos estos comentarios públicos sobre Belarmino, porque de todos era sabido que Belarmino atacaba a Vilariño desde hace mucho tiempo; los socialistas han pagado el plato roto del anterior cacique y bueno si contamos eso y que Belarmino y sus amigos, que dicen ser de izquierdas, votarían al PP para "joder" a Agustín podríamos empezar a encontrar razones...
Ahora es tiempo de trabajar y creo que van a sobrar maneras de que los grupos PSOE Y BNG que tan mal quedaron demuestren que han cambiado que están renovados y que van en busca de nuevos onjetivos, de culquier manera lo tendrán fácil porque con el panorama que nos queda estos 4 años....

Anónimo dijo...

Lo que es infumable es que partidos tan progresistas como el PSOE y el BNG, hayan votado en contra de la decicación del alcalde y del teniente alcalde.

Ellos sin dar un palo al agua se levantaron durante 20 años sueldos millonarios, sin contar las comisiones legales y las que no lo son... amén de vacaciones sufragadas por promotores y constructores.

Tenemos un buen ejemplo de sueldazos en el cercano concello de Ferrol ¡Irisarri, que buen ejemplo das!

El progreso para los progresistas que son los que lo saben disfrutar.

Anónimo dijo...

Alguns aínda coidan que teñen maioria absoluta, senon non se exprica o desemrrolo dos últimos acontecementos na vila, e refírome ó do COE e ás dedicacions exclusivas, que unha cousa e aforrar e ser honesto e outra moi distinta ser parvo. Ninguén laboura por amor ó arte. E ben o saben os anteriores caciques do tripartito.

Anónimo dijo...

Ainda se sigue mintindo para desprestixiar o anterior goberno, que todo hai que decilo: XA NON GOBERNA. Perderon as eleccións e pagaron os seus erros. Agora ben, o PSOE e BNG non votaron en contra de 2 dedicacións se non de 3, e cuns soldos totais que superaban os anteriores, que tamén hai que decilo só se cobraron na última lexislatura, nos anteriores 16 anos ningún concellal do PSOE e BNG cobrou.
E respecto a pregunta do administrado contéstolle con outra, coma non, ¿e logo, ti votarías ao PSOE só por que Vilariño puxese a caldo a Belarmino antes das eleccións?, si é así non me parece un voto branco/nulo moi meditado.

Anónimo dijo...

Parece ser que o COE è o malo,malìsimo e os demais,pobriños,fanno todo ben.Quèrovos recordar que as pretensions do PP son acadar 3 dedicacions exclusivas e unha mais para Fernando se os seus compañeiros deran o seu apoio.Buyo e Asun saen do goberno por ser coherentes;soio estaban dispostos a duas dedicacions con unha rebaixa de 6000 euros cada unha con respeto òs salarios de Rei e Belar.Fernando que antes de formar goberno estaba dacordo agora di que non e sae na prensa negando incluso que èl tivera algo que ver cos panfletos do seu partido ¿què lle ten prometido o PP?

Eduardo dijo...

O meu voto nulo foi moi meditado.
Algúns votantes pode que votaran ao PSOE non porque Vilariño puxera a parir a Belarmino, senón porque Vilariño demostrase ruptura co anterior e golpe de timón para o futuro. Pero é unha opinión máis.
Grazas polos vosos comentarios.

Anónimo dijo...

A coherencia de Buyo e a outra teríamos que vela si fosen eles os que tivesen que deixar o seu traballo, gañando 30.000 €(por poñer un exemplo), para traballar no concello por 20.000 € (por poñer outro exemplo). O problema non son os soldos si non a concepción de partida, uns non se queren enterar que o concello necesita 1 ou 2 dedicacións, e outros só queren estar na política para chupar, dunha forma ou doutra.

Anónimo dijo...

Menuda trola esa regla de 3 de "cobrar lo que ya cobraba" en un banco o donde sea, ¿por qué?, ¿no se trata de un servicio público?, ¿no hay una cosa que se llama excedencia?, ¿también habría que pagarle lo mismo a Amancio Ortega, si se presentara?

Anónimo dijo...

Al final el problema real no es si un gobierno municipal se gasta al año en dedicaciones exclusivas 81000 euros o 85000, el importe es lo de menos. Que un Alcalde cobre 39500 euros brutos al año es una coña.

Lo verdaderamente importante sería ver los trabajos que realizan por esos importes.

Lo que votó la gente en las elecciones no era ahorrar esos 81.000 euros, eso se la pela, la gente votó la esperanza de ver que alguien se los merecía.

En relación a los 16 años de gobiernos anteriores, a mi no se me queda en la memoria el hecho de que no hayan cobrado un duro, pero aprecio nitidamente su hipoteca(dos planes urbanos a tomar por saco, los almacenes de raxoi y las viviendas ilegales, lo asqueroso que está todo, el abandono del casco y las parroquias,veo a sus amigos colocados, sus economías estupendas y la pérdida de tiempo y el desgobierno total que hemos padecido.

Anónimo dijo...

¿¿¿16 años sin cobrar un duro???. Ja,ja,ja. ¿Alguien se lo cree?.Pero quien... Belarmino,Salorio,el coxo, Chacho,...?Ja,ja,ja,ja,ja
De todos es sabido que Belarmino cobraba más de los eumeses antes de las dedicaciones, y no sólo él, sino que todos y cada unos de los concejales han cobrado bien. Aquí en Pontedeume todos nos conocemos y con un par de copas ...y sin ellas ...a todo el mundo le gusta presumir con los amigos....
Debería publicarse lo que los eumeses hemos pagado (sin saberlo)a nuestros políticos(a todos)en los últimos años (dietas,viajes,facturas de teléfono, comidas,...).
A parte están la cantidad de obras ilegales que se han cometido en los últimos años ....supuestamente a cambio de algo ....
¡Ya está bien de manipulaciones y engaños!.

Anónimo dijo...

demostra o que dis e convencerasnos

Anónimo dijo...

segundo o consello de contas da xunta de galicia non so cobraron o que quixeron e que non o xustificaron con papeis nin traballo
valeche ademostracion xa te convenciches ou tes que velo para creelo
no pasado pleno alguns andaban a busca das saias dos MOMAROS para gardarse debaixo delas.