6.8.07

Torrente?

Lin na Opinión que...

Seica dixo Torrente que descarta multar a quen ensucie durante o `botellón´. O alcalde recoñece que é necesario un maior número de axentes para poder efectuar vixiancia durante a noite e anuncia unha campaña municipal de sensibilización social.

Os efectos do botellón nas rúas de Pontedeume, criticados ampliamente polos vecinos da localidade, non terán unha resposta municipal en forma de sancións aos participantes. O Gobierno local, presidido por Gabriel Torrente, manterá a súa estratexia de levar a cabo unha limpieza inmediata e a fondo dos lugares nos que se lleva a cabo esta práctica, entre os que destaca o entorno dos Almacéns de Raxoi.

"Queremos mentalizar a los jóvenes a base de limpiar", explica o alcalde, quen descarta, polo momento, que o Concello aplique multas a quenes ensucien a vía pública durante estas concentracións xuvenis. Torrente asegura que a situación mellorou nas últimas semanas e que a posibilidade de impoñer sancións tan só se plantearía no caso de que se produxera un incremento das molestias.

O rexidor recorda que a Policía Local só permanece na vía pública ata as 21.00 horas e que a Garda Civil unicamente realiza recorridos esporádicos pola localidade, polo que sería necesario aumentar a plantilla de axentes municipais.

Torrente sinala que polo momento non se produciu ningún altercado con motivo do botellón e que o departamento municipal de servicios sociais proxecta llevar a cabo unha campaña entre os xoves para conciencialos acerca dos perxuicios que causan as reunións ao aire libre os fins de semana, co fin de reducir os trastornos que xeneran ao resto da poboación.


Había un Torrente que se facía chamar "el brazo tonto de la ley"?

Non pode ser o mesmo, verdade?

Pensades que sen sancións pode conseguir algo de limpeza?

Xa sei que non son orixinal co artigo e está moito mellor explicada a problemática aquí, pero non podía deixar de comentar a intervención do ilustrísimo alcalde.

...Eu que quería coller blogcacións...

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Si en lugar de iso que sae no periódico chega a decir:

Vamos A Acabar co Botellón, Multa para todo aquel que beba na Calle e ensucie....

Queria ver o que habrías de dicir, si o caso é críticar por críticar...

Se vai facer unha campaña de sensibilización social, espera a ver os resultaods, o último caso pois sería multar.


Os Demócratas escribiron...

Eumes dijo...

Grazas por as túas verbas e sobor de todo porque estás condenado a partires de agora a deixar as blogcacións para mais adiante. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Pues que quieres que te diga, a mi los comentarios del Alcalde me parecen oportunos y nada radicales. Igual es que tú abogs por un Concello represor y un estado policial.
Mejorar el servicio de limpieza postfiestas, incrementar las papeleras y contenedores, entregar pasquines informativos en relación a la limpieza, el respeto y el civismo, son mucho más oportunos que las multas.

Multar a los jóvenes del botellón a ti te parece bien, pero abre un camino sancionador que deberá continuar con las madres que echan la basura a los contenedores a cualquier hora, a las que tiran los pelillos de las sábanas y las alfombras por las ventanas, a los que comen pipas por las calles, a los niños que echan un chicle al suelo, a los bares que no tienen salida de emergencia, ni baño mixto, ni sistema antiincendios, a los comerciantes que ponen sus negocios en las calles ocupando soportales, a los que dejan las colillas en la arena de la playa..............

No hay nada como la educación cívica y la autoconcienciación, aunque te reconozco que cuesta .

Anónimo dijo...

Creo que o ultimo comentario esta moi acertado, o que menos se quere nun estado democratico e ter un estado policial, pareceme ben tomar medidas graduais como pode ser a de limpar rapidamente o que se ensucia ou por exemplo colocar contenedores nas zonas dos botellons para que cando rematen deixen os residuos dentro deles, igual tamen pretendes rematar co alcohol.
Sobra o nivel de insulto que non nos vai levar a ningures, nin Torrente nin o mesmo Mago Anton podería cambiar esta vila da noita a mañan. Hai que valorar as cousas que se van facendo e suxerindo outras necesarias.

Eduardo dijo...

Estou de acordo con vós nalgunha parte. Non pretendo co meu comentario que sexa un "estado policial", pero estamos vendo todos os días que o problema da suciedade na vila non é xa de mentalización; hai xente que ensucia por ensuciar, que tira a basura onde e cando non debe e que non respeta o máis mínimo civismo. Seguramente con un par de multas boa parte do problema se solucionaría. Por outra parte, se queren mentalizar a base de limpar, xa vai sendo hora de empezar. Ou non tiveron tempo de limpar os almacén s de Raxoi?

Anónimo dijo...

Posiblemente debese a que os almacenes de Raxoi ainda non sexan de tituaridade municipal pese a sentenza recente que obligaba ao concello a indemnizar con 240.000 euros aos propietarios, xa se sabe que os tramites de palacio van despacio.

Anónimo dijo...

Non vos parecería oportuno que o seguinte paso fose coller alguns destes ....... do botellón e poñelos a limpar a rúa que emporcaron. Amén de unha multa e que os achegue á casa a policia municipal ás tantas da mañá e lles pidan ós pais do interdit@ un pouco de educación en conciencia social.

Anónimo dijo...

Pero moito lle costa a xente metelo na cabeza.O botellon e unha actividade ludica social mais.Canta mais represion fagades mais rebeldia da xuventude habra."Perxuizos que causan as reunions ao aire libre os fins de semana" estan de coña.