28.10.07

BNGalescolas?

OLLO: Sempre favorable ao proceso de creación de novas escolas PÚBLICAS infantís, aínda que se fale só nun dos dous idiomas oficiais.
Importante: hai que dotalas dos mellores recursos humáns posibles.
Ao proceso de contratación, mellor ou peor, o menos que se lle pode pedir é transparencia e que haxa igualdade de oportunidades sendo, a preparación dos opositores, a experiencia, e os resultados dunha proba ou exame, os que primen na súa contratación. Os postos públicos NON poden ter a máis mínima dúbida de que se otorgan faltos de equidade e, polo menos, anque a teñan, non pode ser a propia Admministración a que fomente estas dúbidas.
Podedes ler esta nova de El País e, se queredes, reflexionar.

Quere o BNG facer algo parecido ao que criticaba (con razón) das Fundacións do PP?
Ou quere facer BNGalescolas?

26.10.07

COhErencia?

Xa temos alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva. Creo que unha vila como Pontedeume ben merece que a lo menos o alcalde e algún concelleiro/a teña un soldo dada a responsabilidade do seu cargo. O que xa non estou tan seguro é que unha vila desta índole sexa merecedora de tres dedicacións exclusivas, pero teñen tempo de demostrar que a merecen e quitarnos a razón aos que pensamos que son excesivas.

Por outra parte, merece reflexión o feito de que os que estaban en contra ou polo menos criticaban continuamente estas dedicacións noutra lexislatura, mudaron as súas opinións e foron capaces de conseguir que os nosos tres representantes locais máis importantes sexan quen de levar un soldo para os seus petos.

Que fixo que a concelleira do COE votara a favor?
Por que o concelleiro máis empecinado no NON, se abstivo?
É isto COhErencia?

Será porque os novos asalariados son eumeses e non pontevedreses?

Espero que os votantes desta formación (non se me ocorre outro xeito máis elegante de chamarlle) estean a tomar nota da súa talla política e moral.

PD.: Tamén espero que, a partir deste momento, poñamos todo o empeño para esixir que os tres súen e merezan os seus soldos e non pase como en anos anteriores que (aínda que "só" foron dous) o levaron co mínimo esforzo.

11.10.07

Día do orgullo?

Hoxe é a festa,.
Hai que saír con bandeiras, celebralo por todo o alto e sacar o orgullo?

Eu estou, en xeral, bastante orgulloso.
Orgulloso de vivir en democracia
Orgulloso de vivir nun ¿sitio? onde a maior parte da xente é tolerante
Orgulloso da avanzada lexislación de igualdade e de servizo social
Orgulloso de que neste territorio todo o mundo, sen distinción, poida legalizar a súa unión
Orgulloso porque hai moita xente que quere desagraviar aos maltratados en outras épocas ou en estas
...
Pero algo decepcionado.
Decepcionado porque haxa xente que non condena a dictadura franquista
Decepcionado porque haxa xente que tenta dividir máis que sumar
Decepcionado por non poder elixir nas furnas ao xefe do Estado
Decepcionado porque hai xente que non admite o diálogo
Decepcionado polos que, dende os seus púlpitos, predican o contrario ao que, teoricamente, deberan
...

En fin, despois deste desbarre vou pola vila dar unha volta que hoxe, ou ben volve Paco pescar a augas eumesas ou, tal vez, ven Mr. Marshall. Creo que uns nacionalistas están que botan fume e outros nazionalistas están que se saen.



Eu, facendo caso a Mariano (por esta vez), vouno celebrar por todo o alto: Vou comer a casa da miña nai (Pilar) que é boa cociñeira e sempre ten viandas exquisitas. O 25 de xullo seguramente o celebrarei co meu primo (Santiago) que me invita a un restaurante. Que o pasedes ben e en paz!

9.10.07

Chegaralles o San Martiño?

Xa non se pode dicir doutro xeito:

Os responsables disto que aparece na imaxe son porcos, pero non porcos dos que andan a catro patas. Case seguro que, incluso, van ergueitos.



En fin, unha pena para a raza humana.

Chegaralles o seu San Martiño?

2.10.07

Moitas solucións, ¿algunha boa?

Pavillón
Colexio
Recheos
Plataformas con pilastras
Fachada marítima
Millóns para o porto
Falta de espazo
Aparcamentos
Marisqueo

Palabras e expresións escoitadas ata a fartura estes días na vila.

Poderían as administracións pensar máis aló das próximas eleccións e deseñar un porto e unha vila pensados á longo prazo?, unha vila sostible?

Á vista das imaxes:

Estades seguros que non había unha solución mellor para facer os almacéns?
Estades seguros de que non hai espazos suficientes para facer os edificios que se pretenden e, mantendo aparcamentos, non ter que rechear nada?

En fin, que falen os técnicos (moitos) e os políticos que escoiten, pero, sen non fose tan caro, ao mellor debiamos tirar todo e volta a empezar...