11.10.07

Día do orgullo?

Hoxe é a festa,.
Hai que saír con bandeiras, celebralo por todo o alto e sacar o orgullo?

Eu estou, en xeral, bastante orgulloso.
Orgulloso de vivir en democracia
Orgulloso de vivir nun ¿sitio? onde a maior parte da xente é tolerante
Orgulloso da avanzada lexislación de igualdade e de servizo social
Orgulloso de que neste territorio todo o mundo, sen distinción, poida legalizar a súa unión
Orgulloso porque hai moita xente que quere desagraviar aos maltratados en outras épocas ou en estas
...
Pero algo decepcionado.
Decepcionado porque haxa xente que non condena a dictadura franquista
Decepcionado porque haxa xente que tenta dividir máis que sumar
Decepcionado por non poder elixir nas furnas ao xefe do Estado
Decepcionado porque hai xente que non admite o diálogo
Decepcionado polos que, dende os seus púlpitos, predican o contrario ao que, teoricamente, deberan
...

En fin, despois deste desbarre vou pola vila dar unha volta que hoxe, ou ben volve Paco pescar a augas eumesas ou, tal vez, ven Mr. Marshall. Creo que uns nacionalistas están que botan fume e outros nazionalistas están que se saen.



Eu, facendo caso a Mariano (por esta vez), vouno celebrar por todo o alto: Vou comer a casa da miña nai (Pilar) que é boa cociñeira e sempre ten viandas exquisitas. O 25 de xullo seguramente o celebrarei co meu primo (Santiago) que me invita a un restaurante. Que o pasedes ben e en paz!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben falado. Noraboa polo artigo.

Anónimo dijo...

estou da cordo con a maneira de celebrar as festas,o malo e quen está disposto a facer o que lle manda o "grsn xefe" en nome de non se sabe ben que patriotismo das bandeiras a outras cousas hai un paso ¿quen puxo a do concello?.En fin xame diredes

Anónimo dijo...

non só quen a puxo, senón por qué se puxo con nocturnidade e alevosía; se querían celebrar algo que o fixeran nun acto oficial, a ver cantos veciños acudían a darlle vivas á bandeira española; en fin, tristísimo, mas peor ainda é escoitar a Mayor Oreja darlle lexitimidade ao franquismo porque representaba á sensibilidade dunha importante faixa da poboación española; ¿valerá entón o mesmo razoamento para defender a ETA en Euskadi?

Anónimo dijo...

Gústame o artigo porque ven moi a conto do que estamos a vivir neste concello... o que puxo a bandeira no concello foi un home falanxista coñecido en toda a vila, esto non fai mais que cambiarlle o significado, dándolle unha mensaxe subliminal a este acto. O que non entendo é como o alcalde entra neste xogo que non fai mais que recordarnos un pasado que moitos queremos olvidar, ¿non terían xente no concello para colocar o bandeirón que tiveron que chamar a este home para colocala, ou realmente querían facer gala de poder e querer recordarnos cales son os seus ideales? De calquera maneira a min se me pon a carne de galiña só de pensalo

Anónimo dijo...

fora a bandeira espanhola do torreom, ou quitamo-la nos!!!