Por fin?
Hoxe estou tentando actualizar algo neste blogue.
Xa é a terceira entrada que empezo e non quedei convencido con ningunha das dúas anteriores. Din que á terceira vai a vencida, a ver se é verdade.
Na primeira empecei a escribir sobre a situación da vila: lixo, botellón, casco vello ...Pero que fago, se a eumesfera está atestada de bitácoras que tocan estes temas e mesmo neste blogue xa se tocaron e non se solucionou nada ou case nada.
Na segunda, rato despois, empecei escribindo da memoria histórica dos meus e a memoria histérica dos outros. Pero o feito de pensar nos que se reuniron no Valle de los Caídos revolveume o estómago e tiven que deixalo. Outro texto á ciberbasura.
Nesta última intentona quería facer un chamamento á educación, ao respecto, ao civismo. Un chamamento á política honrada e social. Un chamamento á política pura de esquerdas. Á política natural (din que a natureza é claramente de esquerdas)...
Nada, que non me sale.
Ben, aínda que non é a mellor entrada do mundo, vouna deixar. Hai que actualizar e, a estas alturas, case a calquera prezo. A competencia das bitácoras veciñas fai necesario publicar. Se non publico non sei se poderei durmir.
Ata creo que é a peor das tres. Esta tamén debera ir á ciberbasura.
Cada vez teño máis preguiza para escribir neste blogue! Estou perdendo a esperanza dun pobo modélico, dunha sociedade modélica... (Vaia baixonazo, vou polo Prozac)
Veña, publico, non o penso máis. POR FIN...
...mañá abre Jes. ;-)
2 comentarios:
e se trocamos o nome da vila por Prozacville ou Pontevalium?
Roi o meu voto vai para Pontevalium, de tódalas formas o discutirei dentro dun anaco en Jes.
Publicar un comentario