16.1.08

Carta aos votantes indecisos:

Estimados e estimadas cidadáns e cidadás:
Hoxe escoitei pola radio que nas vosas más, ou mellor dito nas vosas papeletas, está o futuro goberno deste quebrado (según algúns) estado. Seica hai moitos votantes, do que se dá por chamar centro, que non saben cara a onde inclinar a papeleta, e outros votantes de esquerdas que non se deciden, primeiramente se van votar; e despois a quen van votar (ese que chaman voto útil ou non) . O que sí está claro é que os de dereitas teñen as cousas claras e achegaranse a depositar o seu voto sen reparos.
Non é a miña intención facer campaña a favor de ningún partido, pero vou desbarrar un pouco das miñas inquietudes e dos meu temores.

A dereita (cada vez máis ultra) deste quebrado (según eles) estado leva catro anos atacando sen pudor por calquera cuestión que o goberno desenvolva, sen reparar no fondo do asunto ou sen advertir que, en moitos casos, eles mesmos fixeron ou farán o mesmo:

  • Negociación con ETA e política antiterrorista (tiñan medo que iste goberno lograra a paz)
  • Outra vez a colación a lei do divorcio (algún deles divórciase compulsivamente, será por iso que din que defenden a familia; efectivamente, algún deles ten máis de tres "familias")
  • Unión (seica matrimonio non lles gosta) de homosexuais
  • Política exterior débil (será porque nos apartamos do todopoderoso EEUU)
  • Economía débil (cando é de toda Europa ou de todo occidente)
  • ...
NON a todo e contra todos (aínda que súa visión é a de que están todos contra eles).

Rajoy non deixa de ser un ¿moneco? que non soubo ou non se atreveu a soterrar aos Acebes e Zaplanas que o rodean e que seguen o que lles marca o, todavía, xefe Aznar. Case seguro que despois das eleccións, se as perden, este núcleo duro do PP, rifaranse os anacos do defenestrado Mariano.
Se algunha esperanza lle quedaba de atraer votos de centro ao nacionalista partido español, era a de incorporar ao alcalde de Madrid ás súas listas, pero, como non, Mariano baixou os pantalóns e agarrouse o pizarro pero creo que descuidou o cu.

É por iso que, estimados indecisos de centro, penso que debedes de pensalo ben antes de inclinar a vosa balanza cara á dereita, xa que, ademais de perder o norte, deben perder tamén o centro. E vos, queridos indecisos de esquerdas, polo menos debedes de ir votar, tedes que ser tan fieis como os de dereitas, que aínda que en moitos casos renegaban da democracia, á hora de achegarse a votar, parecen demócratas de toda a vida.

Se entre todos conseguimos que perdan estas eleccións (que ben merecido o teñen) poderemos lograr que recapaciten, analicen e se convenzan de que esta política non leva a nada e cambien o rumbo. Iso sería bo para todos.

Se, pola contra, gañan; ídevos facendo amigos dalgún clérigo (aínda debe quedar algún cura bo cristiano de esquerdas) para que, alomenos, vos pillen confesados.

Pd: Se, estimado lector, eres votante de dereitas, non te irrites nin te cabrees, xa que a misiva non iba dirixida a ti e non deberas leela.

Unha aperta

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Boa viñeta que reflexa a situación:
http://blogs.publico.es/manel/257/gallardon-ko-2/

Anónimo dijo...

sobre a esquerda de pontedeume tamén poderías falar, porque xa teñen comprado ó que tildaban de ultradereitista para que lles dea o salario que rei e vilariño queren para rascar a barriga a gusto e, por suposto, para poder cobrar el mesmo.

iso é progresismo

Anónimo dijo...

ao do comentario de arriba, ¿non cansas de dicir sempre o mesmo? eres un pouco langrán