(Esta segunada nova produciuse un día non lectivo)
Que pasaría se en vez de 4, son máis e algún deles un alumno acudindo ao seu centro? Que conselleiro, advertido por Protección Civil, non tomaría a mesma medida?
O canon dixital suponse que se nos cobra para paliarle aos autores (non a todos) as posibles perdas que teñen cando os usuarios facemos as copias (si, si; todos facemos copias ou a todos nos cobran por elo). Pero é que, ademais de cobrarnos por facer copias, NON queren que fagamos esas copias, ... en que quedamos?
Todo o que compra un CD ou un DVD virxe, unha impresora, un mp3, unha TV, o que contrata unha liña ADSL, ... está pagándolles moitos euros anuais aos da innombrable (coa bendición de César Antonio Molina, ministro de Cultura) porque estes supoñen que TODOS os imos usar como piratas. Pero o máis curioso e que despois de pagarlles, non nos deixan ser piratas.
O mundo é dixital e a principal característica da chamada web 2.0 é a de compartir. Póñanse as pilas e cambien o chip.
Preguntas para o ministro (ou para Zapatero):
É ilegal compartir?
Se rematan coas descargas, eliminarán o canon?
Eu estou contra o canon pero, xa que no lo cobran, que nos deixen o dereito á copia.
No xornal online el Confidencial.com apuntan a posibilidade do regreso de Aznar á primeira liña política. Xa ía sendo hora que este gran home de ESTADO saíra do seu letargo político e, en lugar de facelo por universidades de todo o mundo, regrese a dar leccións maxistrais á vida política española. Non só iso, senón que ademais seguro que remangará a súa camisa e, se é necesario, o seu pantalón e baixará á terra a meterse nesta lama na que nos estamos a afundir e da que só el nos pode sacar. Xa ía sendo hora de que viñera o gran heroe que salvou ao mundo do malvado Sadam Husein e as súas armas de destrución masiva (seguro que, cando menos, milleiros de irakíes estaranlle eternamente agradecidos). Xa ía sendo hora de ter no máis alto da vida política a un home que compartiu mesa (incluso desenfadadamente) e puro co gran George W. Bush, sheriff do planeta. Xa ía sendo hora que tiveramos a oportunidade de votar a un honoris causa (universidades peruanas, chilenas, guatemaltecas e incluso a Universidad Católica del Sacro Cuore de Milán, otorgáronlle esa distinción) cunha grande preparación e con desenvolvemento e diversos idiomas (castellano, texano, spanglis, ...). Pero, sobre todo, ía sendo hora de ter a un político recto e sincero do que nos poidamos fiar sen medo a mentiras.
(De Krahn, publicado no Magazine deste 11 de xaneiro)
12.1.09
Coñecedes as seguintes campañas publicitarias?:
Preguntas:
Uns parece que non están de todo seguros ("probablemente") outros son rotundos ("sí"). Parece ser que aos primeiros non se lles permitiu ser rotundos. Coñecen as autoridades algunha probabilidade científica?
Se Dios existe; hai que preocuparse?
Os que pensan que Dios existe, non poden gozar da vida se non é "en Cristo"?
Eu propoño outra campaña:
AÍNDA QUE DEUS (CALQUERA DEUS) TEÑA PROBABILIDADE DE EXISTIR, PROCURA VIVIR SEN TER QUE PREOCUPARTE1 E, SE NON CHO IMPIDE ALGUNHA CAUSA2, GOZA DA VIDA.
1. Para iso debes facer as cousas conforme ás normas legais e morais. 2. Sempre pode haber un imbécil que che amargue o día.