Se eres legal, comparte!
O canon dixital suponse que se nos cobra para paliarle aos autores (non a todos) as posibles perdas que teñen cando os usuarios facemos as copias (si, si; todos facemos copias ou a todos nos cobran por elo). Pero é que, ademais de cobrarnos por facer copias, NON queren que fagamos esas copias, ... en que quedamos?
Todo o que compra un CD ou un DVD virxe, unha impresora, un mp3, unha TV, o que contrata unha liña ADSL, ... está pagándolles moitos euros anuais aos da innombrable (coa bendición de César Antonio Molina, ministro de Cultura) porque estes supoñen que TODOS os imos usar como piratas. Pero o máis curioso e que despois de pagarlles, non nos deixan ser piratas.
O mundo é dixital e a principal característica da chamada web 2.0 é a de compartir. Póñanse as pilas e cambien o chip.
Preguntas para o ministro (ou para Zapatero):
- É ilegal compartir?
- Se rematan coas descargas, eliminarán o canon?
No hay comentarios:
Publicar un comentario