O regreso do Emperador?
No xornal online el Confidencial.com apuntan a posibilidade do regreso de Aznar á primeira liña política.
Xa ía sendo hora que este gran home de ESTADO saíra do seu letargo político e, en lugar de facelo por universidades de todo o mundo, regrese a dar leccións maxistrais á vida política española. Non só iso, senón que ademais seguro que remangará a súa camisa e, se é necesario, o seu pantalón e baixará á terra a meterse nesta lama na que nos estamos a afundir e da que só el nos pode sacar.
Xa ía sendo hora de que viñera o gran heroe que salvou ao mundo do malvado Sadam Husein e as súas armas de destrución masiva (seguro que, cando menos, milleiros de irakíes estaranlle eternamente agradecidos).
Xa ía sendo hora de ter no máis alto da vida política a un home que compartiu mesa (incluso desenfadadamente) e puro co gran George W. Bush, sheriff do planeta.
Xa ía sendo hora que tiveramos a oportunidade de votar a un honoris causa (universidades peruanas, chilenas, guatemaltecas e incluso a Universidad Católica del Sacro Cuore de Milán, otorgáronlle esa distinción) cunha grande preparación e con desenvolvemento e diversos idiomas (castellano, texano, spanglis, ...).
Pero, sobre todo, ía sendo hora de ter a un político recto e sincero do que nos poidamos fiar sen medo a mentiras.

Que máis podemos pedir?
No hay comentarios:
Publicar un comentario