5.5.07

Deporte ou mitin?

As miñas máis sinceiras felicitacións aos deportistas eumeses.

O mérito de Yerai, Alberto, Laura, Marta, Brais, Miguel, Diego e tódolos rapaces e rapazas de Pontedeume é digno de alabanza. O deporte eumés sobrevive apesares de que case non hai onde realizalo. Entidades como Pontumio ou o Eume deportivo que seguen a traballar grazas á dedicación desinteresada duns poucos, merecen o recoñecemento público e sempre será escasa a compensación para os méritos que atesoran.


Pero así como se lle deron trofeos aos deportistas debemos sacarlle, a lo menos, as cores aos concelleiros. Vaia bombo. Vaia pre-campaña electoral. Vaia mitin. Vaia pena.

Onde practican deporte os nenos que non se apuntan (pagando) a algunha das escolas deportivas ou a algún club da vila?

Vaia mérito o de Diego, o ciclista, sorteando aos peóns polo moi escaso carril bici ou xogándose a vida entre os coches. Para cando un carril bici xeralizado para ciclistas?

Onde están os parques con pistas deportivas para todos?

Está moi ben iso da gala e felicito ao concello polo recoñecemento público aos deportistas, pero mellor sería tamén que, efectivamente, houbera deporte municipal.

Ah, sr. Salorio, os mítines a partires do día 11, non lle venda fume aos rapaces. Penoso.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Realmente foi lamentable

Anónimo dijo...

estou de acordo con vos. doume vergoña

Anónimo dijo...

Moita vergoña non vos dou cando vos quedachedes ata o remate,a mi si algo me da vergoña....ni no vexo,escapo,pero en ningun caso me quedo ata o remate e despois vou criticando a maneiras dos demais.Un acto con cousas fora de lugar...totalmente de acordo,penoso,si señor pero de eso a facer sentir vergoña........