14.5.07

Facémoslle a ola?

Hoxe mitin. Unhas pinceladas sen ánimo de crítica, ou, mellor dito, si, si con ánimo de crítica, pero constructiva:

O señor candidato polo BNG á alcaldía do concello de Pontedeume ten todo o dereito a criticar aos outros partidos no seu mitin, ten dereito a vender os seus logros (moitos ou poucos), incluso ten dereito a facer chistes sobre o nome dalgún outro partido. Ten, tamén, dereito a facer ou a que lle fagan publicidade das súas obras e dos seus saberes.

E ten dereito a criticar aos veciños que temos un blog e recomendarnos que non andemos criticando polos bares ou pola rede e que traballemos por Pontedeume?

Sr. Rey (desculpe se non é con y e é con i?), os veciños que non nos presentamos ás eleccións temos dereito a cantar nos nosos blogs ou nos "nosos" bares as nosas opinións, as nosas inquedanzas e as nosas críticas. Ten vostede razón en que temos o deber cívico e moral de comportarnos e traballar, dentro das nosas posibilidades, para que a vila mellore; pero un xeito de traballar polo ben dun pobo é OPINANDO. Vostede é o que ten (ao mellor adicándose menos a criticar polos blogs e, case diría que polos mítines -nunca o vin polos bares-) que TRABALLAR POR PONTEDEUME que para iso se presenta voluntariamente e, se sae elixido, cobrará un bon soldo, parecido ao que actualmente xa cobra.

Recoñecerá que grazas a algúns blogueros eumeses, que lle tocaron os webs a algúns concelleiros, solucionáronse, ou cando menos non se empeoraron, temas que tiñan moi mala pinta e que ían en vías de desastre. E tamén recoñecerá que o seu cargo público implica que ten que someterse ao veredicto dos seus electores (votáranlle ou non).

Ao mellor os blogueros estabamos fartos de deixar queixas no Concello que ían diretas á papeleira e decidimos facerllas públicas aos nosos veciños, unha transparencia, ista, da que careceu o goberno do que vostede é, ou era, tenente-alcalde. E non dubide que este é un xeito igual de respetable de traballar polo pobo que queremos e que esperamos, ao igual que vostede, se asemelle a un do século XXI.

Pretende que polo feito de presentarse xa lle debemos agradecemento eterno?

Quere que lle fagamos a ola?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A Manuel rei gustaríalle que todos os que non coincidan coas súas opinións estivesen calados. Aos dictadores, tamén. Non pretendo dicir que o Sr. Rey sexa un deles. Non. Os dictadores tiñan outras formas de facer calar aos opositores. Algo imos gañando. Agora os que se cren en poder da razón xa non se atreven(?) a emular a Franco, Stalin, etc. Dáselles por "despotricar"contra os que non comparten a súa. Non se dan conta que a razón non é unha cualidade fácil de medir. Moitas veces teñen que pasar anos para valorala. Noutras abonda cos datos cunatitativos para situar a cada cal no seu lugar.Manuel Rey está no lugar dos perdedores, dos intrasixentes, dos rencorosos. E todo porque Manuel Rey case nunca tivo razón e sábeo. Aínda que non o recoñeza. Por certo, outro defecto dos que "están en posesión da verdade"

Anónimo dijo...

O que ten que facer o que goberne o novo concello a partir do 27 de Maio é abrir as portas ao povo. Ten que abrir canles de "participación cidadán" para que os eumeses fagamos o Pontedeume que queremos, dende o concello, dende a web e dende os bares. Ainda confio en que as novas caras que acompanan a Manuel lle fagan ver que levan unha morea de anos encerrados nunha cova e que xa vai sendo hora de que entre a luz no Concello.
O mesmo vale para os demáis candidatos....

Anónimo dijo...

Hai que ter webos para criticar e menosprezar o traballo que temos feito moitos para informar e denunciar a politica oscurantista deste concello. Sr Rey ademais de regalar horas non cobramos 3000 euros do concello.