Auga?
Por segundo día consecutivo os habitantes da Avenida da Coruña e da zona de Augabar (ten graza o nome, supoño que se referirá a Auga-mineral-bar) non teñen agua en moi boa parte da mañá.
Infraestructuras obsoletas?
Mala xestión?
Para cando solucións?
Seica houbo quen se duchou con Font Vella.
Non pretenderán renovar toda a canalización a base de parches? (Din que hai máis empalmes que tubería orixinal).
En fin, a sufrir e non se vos ocurra non pagar o recibo...
O próximo día, falaremos do goberno.
3 comentarios:
Temos que ser patrióticos, por o que che pido fales con ese veciño e a partires de agora se duche con "Cabreiroa, que bien va", con "Mondariz, que te hace feliz", etc,. A mal tempo boa cara.
Isto é unha tomadura de pelo. Hoxe mércores tamén nos cortaron a auga. TRES DÍAS CONSECUTIVOS!!!!!
Afortunadamente o tren de cercanías non leva moito retraso (nin adianto) e non hai apagóns (toquemos madeira).
MODERNIZACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS XA!!!!!!!!!!!
Durante o que vai do mes de agosto foron 5 días, alomenos, os que faltou a auga ao longo da mañá. Unha pena
Publicar un comentario