29.8.07

Novas ¿populares?


O pasado sábado o sr. Fraga (don Manuel) recibiu unha cea homenaxe en Cabanas.


O PP local e o do veciño concello agasallaron ao ex-ministro, ex-presidente da Xunta e actual presidente de honor do PP cunha cea que, como non, debeu acabar cunha queimada caseira (a xulgar pola imaxe do marxe).

Nunca unha cea da bisbarra fora tan nomeada, o sr. Fraga fixo unhas declaracións cun tremendo eco estatal: Falou de sucesión no seu partido!!, levantando ampollas en moitos dos altos cargos populares.


Por outra banda o sr. Torrente decide solicitar á Garda Civil máis presenza (medida que aplaudimos) na vila para os temas de tráfico e ocio nocturno. Pola súa banda a edil Ruth García segue a falar de concienciar, sen prohibir, aos mozos (medida que tamén aplaudimos) para non alterar a orde pública e para deixar os lugares de botellón perfectamente limpos.


Pregúntome:
  1. Preferirá don Manuel a Gallardón ou a Rato?


  2. Parece que finalmente a solución para concienciar pasa por sancionar ¿non?. Ou os gardas civís teñen agora outros métodos de concienciación?


  3. Fai o sr. Fraga queimada de garrafón?


  4. Pagaría esa augardente os seus impostos?


  5. Está Sardiña en "segundo plano" (da foto)?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¿conducía Castrillón o coche oficial?
¿prohibiron cantar o himno galego?
¿cando falou Fraga da sucesión dentro do PP, antes ou despois da queimada?
¿cada vez que Don Manuel vai de cea, Raxoi vótase a tremer?

Anónimo dijo...

O peor da cena non foi a queimada, foron as declaración de Don Manolo que dixo que os dous maiores acertos da sua presidencia na Xunta foran Reganosa e A cidade da Cultura. Por que habera xente cojonuda que morre antes de chegar aos 50 e estos cans de palleiro rabiosos chegan aos 100?.

Anónimo dijo...

Seguro que non cantaron o hino galego, cantarían en calquera caso o "cara al sol" pero o que máis quence, coma todos vós, que estades a ver por onde podedes sacar tallada

boas festas

Anónimo dijo...

Creo que cantaron oliñas veñen oliñas veñen e van, non prevariquedes en pontedeumeeeee, que te van encarcelar.

Anónimo dijo...

A quen prefería era a franco.
Como lle gusta rodearse de "pelotas".