Sensibilización?
Aquí tedes a campaña de sensibilización (ou polo menos o comenzo) do Concello para que a xuventude recolla os restos do botellón:
A min creo que xa me sensibilizaron... Estánseme a saltar as bágoas.
Debo dicir que imaxe é do blog SOS Pontedeume, pero dada a importancia da campaña permitinme poñela no meu blog xa que toda publicidade que se lle faga será pouca.
Os efectos da concienciación podedes velos no mencionado blogue irmán.
5 comentarios:
Se entiende que estamos hablando de la generación de jóvenes más preparados de la historia de Galicia.
Viajamos por ciudades extranjeras, alucinamos con la limpieza de las calles, con el respeto al mobiliario urbano, etc y nos conmovemos observando los jardines y sus plazas.
Pero llegamos a nuestra casa y no la respetamos. Nos permiten reunirnos y beber alcohol en las calles y lejos de agradecerlo la destrozamos y ensuciamos. Nos lo piden por favor, nos hacen un llamamiento de conciencia cívica y no la hacemos ni caso. Nos ponen contenedores suficientes para dejar todo recogido y preferimos dejar todo en el suelo.
¿De verdad nos creemos que la culpa es de los gobernantes?, ¿No deberíamos poner algo de nuestra parte?
Grazas por te referires a mín, pero como todos buscamos o mesmo obxectivo, sabes de sobra que non fai falla o permiso para a fotografía.
En referencia o comentario que puxeron no teu blogue, decir que ten razón, pois a culpa non a poden levar somentes dende o concello senón que ten moitos mais culpables, escomenzando por o propio seo familiar, todos nós e acabando por os propios rapaces, pois me fago esta pregunta "si eles están a reclamar o DEREITO a facer botellón expoñendo as suas razóns, ¿porqué estan a esquecer as suas OBRIGAS non respeitando os DEREITOS das demais persoas?.
Unha aperta.
jajaja Neniño o teu é de risa...
Si ti vas a un sitio e ves todo limpo , xa nin te da tirar no chan un papel.
Aqui o Concello limpou todos os almacens, habilitaronse 6 contenedores, un cada 10 m. e puxeronse carteis pedindolles que ucmpran cos seus deberes.
Que queres atacar por ahi o Concello?
Por favor abre os ollos e deixa a maldad na casa, por culpa de 10 porocos, non está Pontedeume limpo por outras zonas que teñen omesmo dereito a estar limpas.
E xa que tanto te preguntas... porque non empezas a dar algunha iniciativa, porque aqui poñer a parir e moi fácil, pero ni Dios se molla o Cú nin fai nada.
Estimado anónimo anterior:
Alégrame que che faga graza, aínda que os temas ás veces son moi serios, neste blogue tratamos ademais de tomar as cousas con bon humor.
Non quero atacar ao concello, ao contrario, quero que este concello sexa modélico (pero aínda estamos moi lonxe); se as medidas adoptadas ata agora non chegan haberá que tomar outras. Cales?: Eu non me presentei ás eleccións, ten por seguro que se eu fose quen de solucionar os problemas non estaría escribindo este blogue.
Desde este espazo xa se falou en moitas ocasións do problema da limpeza en moitos puntos da vila que, por certo, seguen a estar bastante porcos; e xa se falou da falta de educación. Anímote a repasar outras entradas de hai xa bastante tempo. O que non debes é ver maldade no sentido de atacar a este goberno municipal, é certo que non son os meus gobernantes favoritos, pero desde aquí preguntamos por outras moitas situacións con outros partidos "mandando". (Tamén podes repasar a nosa "campaña electoral")
Ah, e grazas polo de Neniño.
Podedes respostar, que eu non teño habilitada a moderación de cometarios
Publicar un comentario